Blog

Actualizacion ao novoTEAMS Desktop

Activouse o cambio á nova aplicación de TEAMS para toda a comunidade universitaria.

Esta nova versión mellora a experiencia do usuario e é moito máis lixeira

Nesta ligazón pódese ver a información de Microsoft ao respecto desta actualización:
https://learn.microsoft.com/es-es/microsoftteams/new-teams-desktop-admin

Para activar esta nova versión, é necesario seleccionar a opción no selector que aparecerá arriba á esquerda.


Desde hoxe 13 de setembro, o profesorado externo (estudos interuniversitarios) que estea dado de alta en Sigma e que conte cun contrato en vigor en Sigma, docencia no curso actual, datos identificativos correctos (documento + tipo de documento) e unha dirección, poderán activarse no portal de servizos https://servizos.udc.es da UDC e por tanto obter unha conta de acceso aos servizos e aplicacións aos que teña dereito, así como unha conta de correo na UDC de forma directa a partir do seu documento/tipo de documento e o seu NIU de Sigma.

Ademais, obteranse os datos de matrícula e docencia de profesorado, así como de alumnado de estudos propios de Sigma e de alumnado interuniversitarios de Sigma.

Recuperación do contrasinal

A recuperación do contrasinal xa se pode facer desde calquera lugar, xa non está restrinxido ás redes da UDC.

Novo sistema no Servizo de Biblioteca

Desde o luns 19 de decembro de 2022 está operativo o novo sistema ALMA, que substitúe ao anterior sistema Millennium.

Desde o 28 de novembro de 2022 a autenticación básica de Microsoft non está disponible, polo que poden producirse fallos nalgúns clientes de correo.

Este cambio non afecta ao acceso ao correo a través de navegadores. 

Tenda virtual non operativa

Desde o día 8 de novembro de 2022 a tenda on line da UDC, TendaUDC (https://tenda.udc.es), non está operativa

Co lanzamento dunha nova versión, o fabricante da solución do servizo VPN cambiou a denominación da aplicación que se emprega para realizar a conexión, pasando a chamarse "Ivanti Secure Access Client".

A nova aplicación incorpora unha nova apariencia, que está activada por defecto. Permite tamén empregar a apariencia anterior, de Pulse Secure Desktop Client.


Este cambio non afecta a configuración do servizo e a aplicación anterior, Pulse Secure Desktop Client, segue operativa. Pero de xeito automático, forzará unha actualización a nova, Ivanti Secure Access Client, tanto en sistemas Windows e macos.


Pode atopar máis información na ficha do servizo:

https://axudatic.udc.gal/display/SIC/VPN+SSL+-+Acceso+remoto+seguro

Instalouse una nova versión do tradutor do CIXUG, presentando una mellor calidade de tradución entre os idiomas galego, español, inglés e portugués. Ademais, a diferenza da versión anterior, está aberta para ser usada por calquera, sen necesidade de acceder como PAS ou PDI. Baséase en software libre e está dispoñible na seguinte dirección: https://traductor.cixug.gal/

Engadíronse as notificacións de notas para actas individuais (TGF, TFM e prácticas de empresa) na secretaria virtual.

Aumentouse o tamaño da notificación das cualificacións das actas de Xescampus a un máximo de 200 caracteres. Con isto, na notificación que chegue aos estudantes poderase detallar o lugar, a data e a hora das revisións.

Posta en marcha rede 100 Gigabit

O Servizo de Informática e Comunicacións finalizou a primeira fase da mellora da capacidade da súa rede de comunicacións.

A actualización tecnolóxica consistiu na sustitución de diferentes equipos da rede de datos nos Campus de Elviña, Zapateira e Esteiro para dar soporte a nova rede de 100 Gigabit. Isto permitiu a activación de enlaces de alta velocidade entre os citados campus, e cos distintos data centers.

A imaxe amosa a estrutura actual da rede de comunicacións da universidade.

Despois de varios días nos que non estivo dispoñible a sinatura do portafirmas nos dispositivos móbiles, xa volve estar operativa.

As indicacións para a configuración están na páxina de axudatic Portafirmas, no "Manual de portafirmas V3", na sección "Acceso", apartados "Cliente de firma IOS" e "Cliente de firma Android".


Dende hoxe, a UDC pon a túa disposición un novo servizo TIC que che permitirá indicar o nome (nome sentido) co que desexas ser presentado a toda a comunidade universitaria.

Pero, qué é o nome sentido?

O nome sentido, é a identidade pola que unha persoa quere ser identificada perante os demáis. A UDC, consciente da necesidade de estar á altura dunha sociedade plural, dinámica e democrática, recolle na súa normativa o REGULAMENTO SOBRE O EXERCICIO DO DEREITO Á IDENTIDADE DE XÉNERO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA co fín de garantir o dereit á libre identidade de xénero.

Máis informaición nesta páxina de AxudaTIC.

Seguindo o plan de reforzo da ciberseguridade na Universidade da Coruña, hoxe,  mércores  2 de marzo, ás 15:00 horas, aplicouse o sistema de autenticación multifactor á práctica totalidade das aplicacións informáticas. Isto supón que, dese día en diante, cando te conectes a calquera aplicación da universidade terás que facelo do mesmo xeito que o estás a facer agora co correo electrónico. Achegámosche unha imaxe de como sería este acceso.

Pode ser preciso que teñas que borrar as cookies se che da algún erro. Na páxina de Axudatic Limpeza de cookies e navegación privada tes indiacións do como borralas.

Lembra que tes toda a información sobre esta autenticación multifactor en AxudaTIC Autenticación multifactor para acceso aos servizos da UDC

Vimos de tomar algunhas medidas excepcionais de seguridade seguindo as recomendacións das autoridades estatais, tal e como anunciou recentemente o director de seguridade da información.

Tes más información no email enviado polo adxunto hoxe pola mañá, sábado 26 de febreiro de 2022.

Lamentamos as molestias e agradecemos a túa comprensión debido a situación de excepcionalidade.

En AxudaTIC - | UDC - AxudaTIC | - Portal AxudaTIC publicaranse os avisos e noticias relacionadas coas actuacións adoptadas.