As  cookies son arquivos que crean os sitios web que visitas e gardan datos de navegación para que goces dunha experiencia online máis sinxela. Grazas a elas, os sitios web non pechan a túa sesión, lembran as túas preferencias e proporciónanche contido relevante segundo a túa localización. É moi importante ter en conta que se deben borrar as cookies de cando en vez para manter o noso navegador optimizado. Borrar cookies, quere dicir que imos borrar contrasinais e datos de sitios webs e que deberemos de volvelos a enchelos se queremos entrar nun futuro, pero vale a pena. porque o abuso de cookies sobrecargan o navegador e consomen recursos do procesador o que reduce o noso rendemento e irá moito máis lento. Ademáis  Ademais pode corrixir problemas nas páxinas e aplicacións web como os que ten que ver co formato.

A xanela privada dos navegadores, exploración InPrivate ou navegación privada son os distintos nomes dados por diferentes navegadores, (Google Chrome, Mozilla Firefox, Internet Explorer, Edge e Safari), a un modo de navegación por internet no cal o navegador non garda ningún tipo de información sobre as páxinas web visitadas, historial delas, non almacena cookies nin contrasinais, entre outras cousas.

A continuación explicamos como borrar as cookies en cada navegador ou realizar navegación en modo privado.


Internet Explorer
  • Eliminar e administrar cookies
  • Navegación Privada:
    Abre Internet  Explorer 11 e presiona a tecla Alt para que apareza a barra de menú. Fai clic en Ferramentas e selecciona Exploración de InPrivate. Ábrese unha nova xanela desde a que poderás navegar en privado: Nesta xanela podemos abrir todas as pestanas que queiramos e todas serán en modo privade.





Data actualización : 16/11/2020