- Video de presentación del MFA. SIC/UDC.
- Documentación presentación del MFA. SIC/UDC.
- Configuración da conta microsoft para multifactor.
- Instalación rápida y uso de Microsoft Authenticator.
- Guía de configuración do MFA no Outlook de escritorio.
Guía de configuración do cliente correo Mac Osx cando XA hai UNHA conta de correo configurada
Guía de configuración do cliente correo Mac Osx cando NON hai NINGUNHA conta de correo configurada
- Guia de configuración do cliente correo thunderbird con MFA
Autenticación multifactor no acceso aos servizos da UDC.
DOBRE NIVEL DE SEGURIDADE - MFA
¿EN QUÉ CONSISTE?
Ante o incremento dos ataques, as organizacións poden aumentala súa seguridade añadiendo sistemas de autenticación reforzados. Trátase de que os usuarios, para acceder aos sistemas de información corporativos, non so saiban unha contrasinal estática que pode ser relativamente fácil de roubar, senon que ademáis dispoñan dunha ferramenta que garantice que o usuario é quen di ser.
Como parte das diferente solucións, xurde a función do dobre nivel de seguridade baseado no uso de contrasinais dun so uso u OTP (do inglés One-Time Password). Mediante o reforzo que implica utilizar este tipo de contrasinais, en contraste coas contrasinais estáticas, evítase o uso fraudulento por ataques de roubo de credenciais e tamén faise ao sistema más resistente fronte ataques de forza bruta.
FUNCIONAMENTO
Unha vez rexistrado, cando o usuario vai iniciar a sesión no sistema corporativo da UDC, despois de insertar o seu login e a súa contrasinal estática (esto é a que o propio usuario establece e pode cambiar), o sistema solicitaralle un código numérico dun so uso ao que so o usuario ten acceso. O usuario poderá entonces inxerir este código numérico privado correspondente, xerado dinámicamente mediante un aplicativo OTP como é o Microsoft Authenticator, o Google Authenticator, o FReeOTP, ou calquera outro aplicativo OTP (os indicados son todos gratuitos).
Unha vez inxerido o código, o usuario poderá acceder ao sistema e traballará de forma normal a como viña facendo.
Para unha maior información consulte os manuais de uso na sección manuais e guías desta páxina.
QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO
- Este servizo só inclúe a facilidade de acceso reforzado ao sistema de información da UDC.
- Este servizo non inclúe o soporte á infraestructura hardware.
- Este servizo non inclúe a instalación dos aplicativos nos móbiles persoais.
UNIDADES ADMINISTRATIVAS ASOCIADAS AO SERVIZO
Servizo de Informática e Comunicacións - Área de Innovación Tecnolóxica.
ÁMBITO DE USO
O uso deste servizo vai dirixido á totalidade dos sistemas de información de xestión e ensino da UDCQUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO
Toda a comunidade universitaria.
É PRECISO SOLICITAR AUTORIZACIÓN PARA FACER USO DESTE SERVIZO
Nón. Por defecto, tódolos usuarios terán activo este servizo.
CONDICIÓNS DE USO
A Universidade da Coruña non é a propietaria nin das marcas nin dos programas OTP aconsellados neste servizo. Como tal, a utilización de ese software supón o compromiso e aceptación das condicións dos propietarios correspondentes, dentro do ámbito do seu traballo universitario.
CONDICIÓNS DE SOPORTE
Este servizo non inclúe o soporte á infraestructura hardware.
Este servizo non inclúe a instalación dos aplicativos nos móbiles persoais.
O servizo de dobre nivel de seguridade está integrado na federación de identidad da UDC, FEDERICO.
No caso de que non che funcione correctamente o dobre nivel de seguridade podes dirixirte á administración do teu centro onde cho poden reiniciar e logo, ti podes volver a facer todos os pasos para reforzar a túa conta. Asimesmo en caso de perder ou no gardar o código QR (necesario sempre para enlazar outra app cos servizos da UDC), diríxete a administración do teu centro e solicta o reinicio do servizo.
Cada vez que ti conectes dende un novo navegador web, o sistema permitirate rexistralo cun nome da túa elección. Posteriormente poderás xestionar a baixa destes dispositivos a traveso da túa conta en servizos.
NOTA: Cada navegador, independentemente da máquina sobre a que se execute, considerarase un dispositivo. Exemplo: no meu PC teñoo Chrome y Edge. Isto serán 2 dispositivos.
- Qué APP debo instalar?
Debe instalar a app Microsoft Authenticator
- Cómo a obteño para o meu teléfono móvil?
Aplicación Microsoft Authenticator para teléfonos móviles (Android e IOS)
- Donde puedo encontrar un manual de instalación?
Instalación rápida y uso de Microsoft Authenticator.
- Cómo activo a dobre seguridade na miña conta educativa Microsoft?
Configuración da conta microsoft para multifactor.
- Cómo fago para enviar a "almohadilla" nos teléfonos dixitais da UDC?
Tes que premer *90 (para pasar a multifrecuencia) e despois #
- Cómo creo contasinais de aplicación para aplicacións de correo que non admiten a dobre seguridade?
Crear contrasinais de aplicación dende a páxina Información de seguridade
Por que desde que se activou o multifactor na miña conta non me funciona a aplicación de correo? (Consulte a sección de MANUAIS E GUIAS)
Se usas a aplicación de Outlook de microsoft 365 non tes ningún problema. Esta aplicación é multiplataforma e poderás usala tanto nos teus dispositivos móbiles (teléfono, tablet ...) como no teu equipo de escritorio.
Se usas o Thunderbird terás que escoller como identificación "oauth2".
- Cómo proceder no caso de perder o control dun dispositivo?
Vostede pode actualizar a súa información neste link: My Sign-Ins | Security Info | Microsoft.com
Data actualización :
Servizo de Informática e Comunicacións
Área de Innovación Tecnolóxica
Clase : APLICACIÓNS DE SEGURIDADE