Dende o xoves 27 de febreiro de 2025, entre as 8:00 e as 10:00 horas, está dispoñible a nova versión do Portafirmas 3.7.5.
Esta actualización implica un cambio importante no uso da aplicación a través de dispositivos móbiles (Android ou iOS). A partir desa data será imprescindible o uso da nova aplicación móbil "cliente @firma móvil".
Pode atopar máis información sobre a instalación e uso desta nova aplicación móbil no seguinte enlace oficial: https://administracionelectronica.gob.es/pae_Home/pae_Estrategias/pae_Movilidad_Inicio/pae_Aplicacion_movil_cliente_-firma_movil.html
Nova versión da calculadora de contratos que se axusta ás modalidades de contratación actuais e permite ademais un cálculo inverso a partir do custo total do contrato.
Activouse o cambio á nova aplicación de TEAMS para toda a comunidade universitaria.
Esta nova versión mellora a experiencia do usuario e é moito máis lixeira.
Nesta ligazón pódese ver a información de Microsoft ao respecto desta actualización:
https://learn.microsoft.com/es-es/microsoftteams/new-teams-desktop-admin
Para activar esta nova versión, é necesario seleccionar a opción no selector que aparecerá arriba á esquerda.