CONDICIÓNS DO SERVIZO



DESCRICIÓN DO SERVIZO

Este aplicativo web permite a preinscrición de estudantes por parte das entidades organizadoras do estudo de posgrao propio que son alleas á UDC, así como a xestión dos cursos e prazos por parte do Servizo de Estudos Propios e Posgrao da UDC.


A través do aplicativo, o persoal autorizado do Servizo de Estudos Propios e Posgrao da UDC crea contas e credenciais de acceso a usuarios externos que representan á organización externa que xestiona os cursos de posgrao propios.
Os usuarios externos autorizados poden preinscribir futuros estudantes na plataforma tras executar os seus procesos de selección. Unha vez pechada, o persoal da UDC autorizado pode incluír automaticamente a devandita información na plataforma Xescampus.

QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO?

Os usuarios externos a UDC autorizados polo Servizo de Títulos Propios e Estudos de Posgrao.
O persoal autorizado do Servizo de Títulos Propios e estudos de posgrao


CONDICIÓNS DO SERVIZO

O aplicativo está dispoñible 24x7 para o persoal externo e persoal administrativo de xestión.
O acceso de persoal externo depende da configuración dos prazos e contas de acceso xestionadas polo propio Servizo de Títulos Propios e Estudos de Posgrao.


Navegadores da internet soportados
  • Microsoft Edge
  • Google Chrome
  • Mozilla Firefox
  • Safari


HISTORIAL DE ACTUALIZACIÓNS










Data actualización : 05/12/2019

Servizo : Preinscripción de Estudos de Posgrao Propios

Grupo : Software e aplicacións