A través do aplicativo, o persoal autorizado do Servizo de Estudos Propios e Posgrao da UDC crea contas e credenciais de acceso a usuarios externos que representan á organización externa que xestiona os cursos de posgrao propios. Os usuarios externos autorizados poden preinscribir futuros estudantes na plataforma tras executar os seus procesos de selección. Unha vez pechada, o persoal da UDC autorizado pode incluír automaticamente a devandita información na plataforma Xescampus. QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO?Os usuarios externos a UDC autorizados polo Servizo de Títulos Propios e Estudos de Posgrao. O persoal autorizado do Servizo de Títulos Propios e estudos de posgrao.
|