Non hai para este servizo
ACTIVACIÓN DE NOVO USUARIO
Se es un novo membro da UDC debes proceder a activar os teus servizos. Precisamos o código de activación e o número e tipo de documento co que te identificaches diante da UDC, no momento de formalizar a túa matrícula ou o teu contrato. Podes acceder ao proceso de activación no botón desta mesma ficha 'Acceso á activación' pero antes consulta máis abaixo as instrucións no teu caso para Alumnado ou Traballador da UDC.
ALUMNADO
Se es estudiante recibiches o teu código xunto co resgardo de matrícula (se non o atopas, podes solicitalo de novo no teu centro).
Se realizaches a matrícula por internet entra de novo na secretaría virtual para poder acceder ás instrucións de "Creación de conta de acceso aos servizos telemáticos da UDC".
- Accede á secretaría virtual onde fixeches a matrícula en https://www.udc.es/matricula
- Grao -> Acceso á matricula.
- Master ou Doutoramento -> Acceso á matrícula para estudantes sen usuario dá UDC.
- Terás que identificarte seguindo as instrucións que hai na columna da esquerda (lembra que o contrasinal que metiches a primeira vez quedou gravada no sistema e é a que debes introducir agora).
- Unha vez dentro na columna da esquerda atoparás a ligazón para acceder á folla de instrucións de activación da túa conta de acceso aos servizos telemáticos da UDC
TRABALLADOR
Se es PAS, PDI, Persoal de Convenios e Contratos ou persoal da FUAC atoparalo coa copia do teu contrato (podes solicitalo de novo no servizo de persoal correspondente).