Que é AxudaTIC

É un portal de axuda dos servizos telemáticos da Universidade da Coruña, que estamos a construír; está destinado para toda a comunidade universitaria e para os futuros membros.

Neste portal imos ir engadindo o catálogo dos servizos telemáticos dispoñibles: programas, servizos que se prestan, xestión de accesos a recursos informáticos...


Para cada servizo documentado:

Tes disponible:

    • Información de para que serve, quen o pode usar e de que xeito.

    • Guías de instalación e uso, e as ligazóns ás aplicacións ou ás descargas dos programas.

Podes:

    • Tramitar solicitudes de acceso ou uso dese servizo.

    • Rexistrar unha incidencia para informar dunha falla no uso do servizo e solicitar axuda para resolvela.

    • Facer o seguimento das solicitudes ou incidencias que teñas remitido.

Tamén neste portal  estamos a publicar os avisos e novas, como son: 

    • Avisos de mantementos programados que poidan afectar aos servizos telemáticos.

    • Avisos de  avarías que se teñan detectado.

    • Alertas de seguridade. 

    • Novidades relacionadas cos  servizos que se prestan ou novos servizos.

    • Consellos relacionados co uso de servicios telemáticos. 


Aínda estamos a traballar na documentación dos servizos; no caso dos servizos que non estean de todo documentados , o portal  dirixirache ás páxinas de información existentes na web da UDC para ditos servizos, con ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes dispoñibles. Todos os novos servizos telemáticos vanse ofrecer dende este portal.

Seguimos a túa disposición na unidade de atención telefónica do CAU na extensión 2222 en horario de mañá. 

Confiamos que este portal che sexa de utilidade e mellore a túa experiencia como usuario dos servizos informáticos.

Para afondar nos servicios disponibles:

Na páxina principal do portal tes tres lapelas, unha por cada colectivo da comunidade universitaria. Tes que premer na do colectivo ao que pertences, e accedes a todos os servizos que tés dispoñibles.

Para cada servizo tes a información das Condicións en que se presta o servizo, organizada deste xeito:

-En que consiste o servizo: descríbese a utilidade do servizo; pode tratarse do uso dun programa, do acceso a un recurso ou recibir un servizo a través dun traballo técnico.

-Ámbito de uso: quén pode usar o servizo , con qué finalidade e  sobre qué tipo de equipamento.

-Requisitos técnicos: Que equipos ou programas se precisan para poder facer uso ou recibir o servizo.

-Condicións: indícase se hai restriccións de compatibilidade,  limitacións técnicas, condicións de uso de licenzas, requisitos legais.

-Manuais, guías de axudas, faqs e erros frecuentes.


Para notificar unha incidencia ou facer unha solicitude:

tes que ir á propia páxina do servizo, e á dereita están as ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes disponibles para ese servizo.


Para ver o estado das túas incidencias ou solicitudes:

tes que premer na ligazón "As miñas incidencias e solicitudes", arriba, a dereita, que está disponible en todas as páxinas de Axudatic.

  

Como podo notificar unha incidencia ou facer unha solicitude dun servizo?

R: As ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes dun servizo están na mesma páxina que a documentación de cada servizo. Podes buscar o servizo na lapela de "procura" en calqueira páxina de Axudatic. 


Pódese seguir usando ó teléfono de atención ao usuario 2222?

R: Segimos disponibles na extensión 2222 en horario de mañá de 8:00 a 15:00 


Que é un ticket ?

R: Nos programas para xestión de incidencias emprégase o término ticket para referirse a unha incidencia ou unha solicitude, que adoitan ir identificados cun nº de referencia.






Vídeo presentación con lingua de signos


Podes ampliar a vista pasando o rato polo vídeo e facendo clic no cadro de ampliar