UDC.gal é a aplicación oficial da Universidade da Coruña (UDC), a canle de comunicación e información para a comunidade universitaria que permite obter información de grande interese e utilidade:
Información pública da Universidade: consulta toda a información sobre a UDC
· Oferta académica e información para futuros estudantes
· Catálogo de investigación
· Novas
· Redes sociais
· Localizacións
· Axuda a un só toque
· Máis funcións que se irán incorporando aos poucos
Información privada: todos os teus datos personalizados segundo o teu perfil universitario.
· Consulta as túas materias e cualificacións (horarios, titorías e máis opcións nun futuro próximo)
· Tarxeta universitaria: esquécete do plástico e leva sempre no teu móbil a túa tarxeta universitaria en formato dixital, aproveitándote dos novos servizos que xurdirán con esta.
· Recibe avisos automáticos dos teus servizos universitarios e non perdas ningunha notificación importante no teu correo electrónico.
· Consulta a ocupación de espazos comúns: así poderás saber se hai sitio antes de chegar.
· Calendario universitario: desde a aplicación poderás acceder ao calendario académico e coñecer todos os eventos da universidade.
· Ofertas, retos e premios: unha sección diferente, chea de vantaxes e diversión, en que atoparás ofertas e retos especialmente deseñadas para os estudantes e demais membros da UDC. Non os perdas, poderás conseguir estupendos beneficios!
· E múltiples funcións que irán xurdindo grazas á nova tecnoloxía da aplicación.
Dispoñible en:
QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO
Este servizo non inclúe o soporte á infraestructura hardware.
UNIDADES ADMINISTRATIVAS ASOCIADAS AO SERVIZO
Servizo de Informática e Comunicacións - Área de Innovación Tecnolóxica
QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO
Toda a comunidade universitaria.
Todos os usuarios (parte pública).
É PRECISO SOLICITAR AUTORIZACIÓN PARA FACER USO DESTE SERVIZO
Non
Aplicación para dispositivo móvil.
CONDICIÓNS DE USO
Os térmos e condicións de uso de esta aplicación atópanse recollidos no seu “Aviso Legal”
https://webappuniversitaria.universia.net/Disclaimers/UDC/UDC_avisolegal.html
Asimesmo pode vostede consultar a "Política de privacidade" na seguinte ligazón:
https://webappuniversitaria.universia.net/Disclaimers/UDC/UDC_politicaprivacidad.html
Do mesmo xeito, e ao ser o envío push un envío SEN confirmación, a UDC non pode grarantizar a recepción do 100% das mesaxes.
Dispoñible en:
Tras acceder na app UDC.gal, erro ao premer en 'Tarjeta virtual':
Se o seu teléfono é Android, borre os datos da aplicación:
'Configuración' - 'Aplicaciones' - UDC.gal:
- Premer 'Detener'
- 'Almacenamiento’: Premer ‘Borrar datos’.
- Inicia de novo a aplicación
Ao intentar facer login, a App pregunta polo navegador, seleccionas un cualquera e non pasa nada, non se amosa ningunha pantalla de login. A solución á incidencia é a seguinte:
- Cuando apareza a selección de navegador, selecciona un deles e asegúrate de ter marcada a casilla 'Recordar mi selección'
- Parecerá que non fai nada, pero abre de nuevo a aplicación UDC.gal, agora si que debería abrirse o navegador coa pantalla de login
- Introduce as túas credenciales, deberías estar logueado/a
Data actualización :
Servizo : App UDC.gal
Grupo : Software e aplicacións
Clase : APLICACIÓNS