Este artigo mostra como recuperar o contrasinal do noso usuario da UDC ben porque se produciu un bloqueo ou ben porque nos esqueceramos dela.

Guía de pasos


 Dirixímonos ao portal AxudaTIC https://axudatic.udc.gal

Pulsamos sobre "recuperación de  contrasinal de  conta de usuario" abaixo no grupo de servizos abertos

Pulsamos sobre o link de "https://servizos.udc.es/activacion/recuperar- contrasinal"


Introducimos o noso usuario de servizos da UDC (sen @udc.es) ou o noso número de documento de identificación completo (con letra NIF/NIE se se trata dun NIF ou NIE)

Revisamos a nosa conta de correo alternativa (hotmail, gmail, yahoo...etc). Se non vemos o correo revisaremos o cartafol de spam

Lembra que a validez deste link será de 60 minutos, pasado ese tempo deberás repetir o proceso


Lembra que este é o contrasinal que usarás para entrar nos servizos da UDC adheridos os sistema de identidade única, coma a intranet, o correo, a secretaría virtual, etc

Crea un contrasinal seguro. Debe curmprir estes requisitos:

  • Elixe unha combinación de letras, números e símbolos de alomenos dez carácteres de lonxitude. Usa dúas letras como mínimo.

  • Usa un número ou un símbolo como mínimo.

  • Cambia entre maiusculas e minúsculas alomenos unha vez.

  • Non poderás incluír o identificador de usuario, o teu DNI, número de teléfono ou calquera outro dato que sexa facilmente relacionable coa persoa usuaria.

  • Non deberá coincidir cos derradeiros 5 contrasinais.

  • Non empregues un contrasinal similar ao anterior, no que soamente cambien algúns caracteres. Por exemplo: se o teu contrasinal é EJJiiwor-2021, non deberías cambialo por EJJiiwor-2022.

  • Non utilices o mesmo contrasinal que o que empregues noutros servizos (como Gmail, Twitter, Facebook, Instagram, banca electrónica, LinkedIn,...).


    Exemplos de contrasinais seguros son: 1PsdTYv4h0, l1ddRSOCc%

Aquí podemos ver un vídeo con esta explicación



Data actualización : 20/04/2020