DESCRICIÓN DO SERVIZO
Este servizo permite engadir ou actualizar a fotografía universitaria: Tarxeta universitaria TUI, xestión académica, servizo de persoal e campus virtual. Microsoft365 (en breve).
QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO
Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e Universidade Sénior.
Persoal docente e investigador da UDC.
Persoal de administración e servizos da UDC.
Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI.
CONDICIÓNS DE USO
Este servizo permite realizar un cambio unificado da fotografía universitaria nos seguintes ámbitos: Tarxeta universitaria TUI, aplicación móbil UDC.gal, xestión académica, servizo de persoal, campus virtual e Microsoft 365 (en breve).
A fotografía só se pode cambiar unha vez por curso académico (habilítase o cambio a partir do día 15 de setembro). Se precisa realizar un cambio antes da finalización do curso académico debe solicitalo aquí indicando o motivo do cambio.
Para cambiar a fotografía, o usuario debe aceptar a Declaración responsable da autenticidade da imaxe entregada e información en materia de protección de datos persoais en relación coa tarxeta universitaria de identificación (TUI) da UDC, a universidade poderá eliminar as fotografías que non cumpran con esta declaración.
HISTORIAL DE ACTUALIZACIÓNS
- 08 de xuño de 2021: actualización en liña da fotografía.
Data actualización :
Servizo : Engadir ou actualizar en liña a fotografía universitaria
Grupo : Software e aplicacións
Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS