INCIDENCIAS E SOLICITUDES
Incidencias

Se tes unha consulta ou incidencia técnica relativa á subida da túa fotografía:

Nota: As fotografías poden tardar uns días en propagarse a todos os servizos da UDC. No caso da aplicación móbil UDC.gal, debe pechar a sesión ou volver a iniciala para actualizar a fotografía.

A fotografía só será visible internamente entre os usuarios e servizos da UDC.

MANUAIS E SOFTWARE
Declaración responsable da autenticidade da imaxe entregada e información en materia de protección de datos persoais en relación coa fotografía universitaria da UDC



APLICACIÓNS

Pode engadir ou actualizar a fotografía no seguinte enderezo: https://apps.udc.es/UDCFoto

Ou na opción "o teu perfil" do portal de servizos:
https://servizos.udc.es/


DESCRICIÓN DO SERVIZO

Este servizo permite engadir ou actualizar a fotografía universitaria: Tarxeta universitaria TUI, xestión académica, servizo de persoal, campus virtual e Microsoft 365

A fotografía só será visible internamente entre os usuarios e servizos da UDC.


QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO

  • Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e Universidade Sénior.
  • Persoal docente e investigador da UDC.
  • Persoal de administración e servizos da UDC.
  • Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI.



CONDICIÓNS DE USO

Este servizo permite realizar un cambio unificado da fotografía universitaria nos seguintes ámbitos: Tarxeta universitaria TUI, aplicación móbil UDC.gal, xestión académica, servizo de persoal, campus virtual e Microsoft 365.

A fotografía só se pode cambiar unha vez por curso académico (habilítase o cambio a partir do día 15 de setembro). Se precisa realizar un cambio antes da finalización do curso académico debe solicitalo aquí indicando o motivo do cambio.

Debe usar Chrome ou Edge para subir a fotografía, outros navegadores poderían provocar erros. A fotografía ten que estar en formato .jpg e a resolución de encadre mínima é de 500 x 600 píxeles.

Para cambiar a fotografía, o usuario debe aceptar a Declaración responsable da autenticidade da imaxe entregada e información en materia de protección de datos persoais en relación coa Fotografía Universitaria da UDC. A Universidade poderá eliminar as fotografías que non cumpran con esta declaración.



HISTORIAL DE ACTUALIZACIÓNS

  • 08 de xuño de 2021: actualización en liña da fotografía.
  • 04 de febreiro de 2021: actualización integrada en Microsoft 365.



Podo cambiar a fotografía sempre que queira?

Non, a fotografía só se pode cambiar unha vez por curso académico (habilítase o cambio a partir do día 15 de setembro).

Se estás moi arrepentido/a da foto seleccionada e non podes esperar ao próximo curso académico, podes solicitar aquí que habilitemos un novo cambio de foto na aplicación.

É inmediata a actualización da fotografía?

As fotografías poden tardar uns días en propagarse a todos os servizos da UDC. No caso da aplicación móbil UDC.gal, debe pechar a sesión e volver a iniciala para actualizar a fotografía.

Poden ver os membros doutras organizacións a miña fotografía se lles envío un mail ou se contactan conmigo por Teams?

Non, a fotografía só será visible internamente entre os usuarios e servizos da UDC.

Sae o erro "Non Autorizado" cando entro na aplicación

Non estás autorizado para engadir ou modificar a túa fotografía: A subida da fotografía estará habilitada 24 horas despois de formalizar a túa matrícula ou contrato (antes dese prazo, poderás obter o erro "Non Autorizado"). Se xa pasaron as 24 horas, contacta coa administración do teu centro (se estudas na UDC) ou coa unidade organizativa que che realizou o contrato (se es persoal da UDC) para que che revisen a matrícula ou o contrato.






Data actualización :  





Data actualización :

Servizo : Engadir ou actualizar en liña a fotografía universitaria

Grupo : Software e aplicacións

Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS