Nota: As fotografías poden tardar 24 horas en propagarse a todos os servizos da UDC. No caso da aplicación móbil UDC.gal, debe pechar a sesión o volver a iniciala para actualizar a fotografía.
Este servizo permite engadir ou actualizar a fotografía universitaria: Tarxeta universitaria TUI, xestión académica, servizo de persoal e campus virtual. Microsoft365 (en breve).
QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO
Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e Universidade Sénior.
Persoal docente e investigador da UDC.
Persoal de administración e servizos da UDC.
Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI.
CONDICIÓNS DE USO
Este servizo permite realizar un cambio unificado da fotografía universitaria nos seguintes ámbitos: Tarxeta universitaria TUI, aplicación móbil UDC.gal, xestión académica, servizo de persoal, campus virtual e Microsoft 365 (en breve).
A fotografía só se pode cambiar unha vez por curso académico (habilítase o cambio a partir do día 15 de setembro). Se precisa realizar un cambio antes da finalización do curso académico debe solicitalo aquí indicando o motivo do cambio.