Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 7 Siguiente »

INCIDENCIAS E SOLICITUDES

Se tes unha consulta ou incidencia técnica relativa á subida da túa fotografía:

Nota: As fotografías poden tardar 24 horas en propagarse a todos os servizos da UDC.

CONDICIÓNS DO SERVIZO

Este servizo permite realizar un cambio unificado da fotografía dos membros da comunidade universitaria nos seguintes ámbitos: Tarxeta universitaria TUI, aplicación móbil UDC.gal, xestión académica, servizo de persoal, campus virtual e Microsoft 365.

A fotografía só se pode cambiar unha vez por curso académico (habilítase o cambio a partir do día 15 de setembro). Se precisa realizar un cambio antes da finalización do curso académico debe solicitalo aquí indicando o motivo do cambio.

Para cambiar a fotografía, o usuario debe aceptar a Declaración responsable da autenticidade da imaxe entregada e información en materia de protección de datos persoais en relación coa tarxeta universitaria de identificación (TUI) da UDC, a universidade poderá eliminar as fotografías que non cumpran con esta declaración.



DESCRICIÓN DO SERVIZO

Servizo de actualización en liña da fotografía universitaria (Tarxeta universitaria TUI, xestión académica, servizo de persoal, campus virtual e Microsoft 365)



QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO

Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e Universidade Sénior.

Persoal docente e investigador da UDC.

Persoal de administración e servizos da UDC.

Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI.



CONDICIÓNS DE USO




HISTORIAL DE ACTUALIZACIÓNS

  • 08 de xuño de 2021: actualización en liña da fotografía.


Data actualización :

Servizo : Emisión en liña da fotografía

Grupo : Software e aplicacións

Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS