|
Este servizo permite realizar un cambio unificado da fotografía dos membros da comunidade universitaria nos seguintes ámbitos: Tarxeta universitaria TUI, aplicación móbil UDC.gal, xestión académica, servizo de persoal, campus virtual e Microsoft 365. A fotografía só se pode cambiar unha vez por curso académico (habilítase o cambio a partir do día 15 de setembro). Se precisa realizar un cambio antes da finalización do curso académico debe solicitalo aquí indicando o motivo do cambio. Para cambiar a fotografía, o usuario debe aceptar a Declaración responsable da autenticidade da imaxe entregada e información en materia de protección de datos persoais en relación coa tarxeta universitaria de identificación (TUI) da UDC, a universidade poderá eliminar as fotografías que non cumpran con esta declaración. |
|
Data actualización : Servizo : Emisión en liña da fotografía Grupo : Software e aplicacións Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS
|