QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO?Toda persoa que requira, mediante algún tipo de contrato ou convenio, acceder a algún dos servizos da UDC (controis de acceso, wifi, biblioteca, etc.) para o desempeño dalgunha prestación ou estudo, ao que non ten acceso por non ser membro da comunidade universitaria ou non pertencer a un colectivo que lle proporcione acceso a ese servizo. Para poder facer uso do servizo, é preciso recibir unha invitación da persoa responsable da xestión do perfil. Estar activo nun perfil proporcionará acceso aos servizos estritamente necesarios para poder desenvolver a prestación ou estudo. PERFÍS ACTIVOS EN UDCpassport:- Profesorado Externo Máster Interuniversitario (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o coordinador do máster.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web)
- Alumnado Externo Máster Interuniversitario (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o coordinador do máster.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web)
- Profesorado Formación Externo (2 meses renovables)
- Profesorado cursos Cufie
- O xestor do perfil é o director do Cufie
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web), Windows Services(AD)
- Profesorado curso de formación do PAS
- O xestor do perfil é o persoal do Servizo de Pas encargado da organización dos cursos de formación do PAS.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web), Windows Services(AD)
- Profesorado cursos de formación organizados por un centro
- O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do centro.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web), Windows Services(AD)
- Profesorado cursos de formación organizados por un departamento
- O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do departamento.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web), Windows Services(AD)
- Investigación: colaborador externo (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o investigador principal do grupo de investigación
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web), Windows Services(AD), Portafirmas, Biblioteca
|