1. Recibe un correo coa invitación. A invitación será enviada desde a conta sic-noreply@udc.es.
  2. Revisa os datos persoais que aparecen no correo e preme na opción "Rexistro" (Asegúrate de que o enderezo do rexistro comeza por "https://apps.udc.es/UDCpassport/..." e que o cadeado do navegador está pechado)

  3. Sigue as instrucións para rexistrarte en UDC Passport.

  4. Sigue as instrucións para rexistrarte no portal de Servizos (Nota: se xa fuches membro da UDC e dispós dun usuario no portal de Sevizos, omítese este paso. Se non lembras o teu antigo usuario e/ou contrasinal, visita esta ficha "Portal de servizos e recuperación de contrasinal")

  5. Comproba o rexistro accedendo ao enderezo "https://apps.udc.es/UDCpassport/" co teu usuario de Servizos.





DESCRICIÓN DO SERVIZO

UDC Passport é un aplicativo que permite o acceso a certos servizos da UDC a persoas non membros da comunidade universitaria. Para poder rexistrarse en UDC Passport, é preciso recibir unha invitación dalgún dos xestores dos perfís habilitados en UDC Passport. O rexistro en UDC Passport dará acceso aos servizos da UDC habilitados para o perfil correspondente durante o tempo que estea activo o perfil. Podes consultar se tes algún perfil activo accedendo ao enderezo https://apps.udc.es/UDCpassport co teu usuario de Servizos.

QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO

Acceso a servizos da UDC non xestionados a través de UDC Passport.



QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO?

Toda persoa que requira, mediante algún tipo de contrato ou convenio, acceder a algún dos servizos da UDC (controis de acceso, wifi, biblioteca etc.) para o desempeño dalgunha prestación ou estudo ao que non ten acceso por non ser membro da comunidade universitaria ou non pertencer a un colectivo que lle proporcione acceso a ese servizo. Para poder facer uso do servizo, é preciso recibir unha invitación da persoa responsable da xestión do perfil. Estar activo nun perfil proporcionará acceso aos servizos estritamente necesarios para poder desenvolver a prestación ou estudo.

PERFÍS ACTIVOS EN UDCpassport:

  1. Profesorado Externo Máster/Grao Interuniversitario (1 ano renovable)
    • O xestor do perfil é o coordinador do máster/grao.
    • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
  2. Alumnado Externo Máster/Grao Interuniversitario (1 ano renovable)
    • O xestor do perfil é o coordinador do máster.
    • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Biblioteca
  3. Profesorado Externo Estudos Propios de Posgrao (1 ano renovable)
    • O xestor do perfil é o coordinador do estudo.
    • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
  4. Profesorado Formación Externo
    1. Profesorado cursos Cufie (2 meses renovables)
      • O xestor do perfil é o director do Cufie
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
    2. Profesorado curso de formación do PAS (2 meses renovables)
      • O xestor do perfil é o persoal do Servizo de Pas encargado da organización dos cursos de formación do PAS.
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
    3. Profesorado cursos de formación organizados por un centro (2 meses renovables)
      • O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do centro.
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
    4. Profesorado cursos de formación organizados por un departamento (2 meses renovables)
      • O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do departamento.
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
    5. Profesorado Formación Externo Senior (1 ano renovable)
      • O xestor do perfil é a administración da Universidade Senior
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
    6. Profesorado Formación Externo OCV (1 ano renovable)
      • O xestor do perfil é o director da OCV
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1)
    7. Profesorado Formación Externo Área de Cultura (1 ano renovable)
      • O xestor do perfil é o persoal da Área de Cultura
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1)
    8. Profesorado Formación Externo International Summer School (2 meses renovables)
      • O xestor do perfil é o persoal da ORI
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1)
    9. Profesorado Formación Externo Centro de Linguas (1 ano renovable)
      • O xestor do perfil é o persoal do CL
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1)
    10. Profesorado Formación Externo Servizo de Normalización Lingüística (1 ano renovable)
      • O xestor do perfil é o persoal do SNL
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi
  5. Alumnado Formación Externo
    1. Alumnado Formación Externo International Summer School (2 meses renovables)
      • O xestor do perfil é o persoal da ORI
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
    2. Alumnado Formación Externo Stembach (2 meses renovables)
      • O xestor do perfil é o persoal Stembach do CICA
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi
  6. Investigación: colaborador externo (1 ano renovable)
    • O xestor do perfil é o investigador principal do grupo de investigación
    • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD), Portafirmas, Biblioteca
  7. Deportes: Docentes cursos de formación, monitores de actividades deportivas e monitores de salas de musculación (1 ano renovable)
    • Os xestores dos perfís son os PAS da área de deportes
    • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1)
  8. Membros externos de órganos colexiados e estatutarios
    • O xestor do perfil é a Secretaría Xeral.
    • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1)
  9. Bolseiros externos
    1. Bolseiros en prácticas da Xerencia (1 ano renovable)
      • O xestor do perfil é a Xerencia.
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD), Sigem, Portafirmas
  10. Prestadores de servizo externos
    1. Prestadores de servizo externo dun centro (1 ano renovable)
      • O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do centro.
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Windows Services(AD)
    2. Prestador Servizo Externo do Sic (Epsilon, UXXIEC, Sistemas ...) (1 ano renovable)
      • O xestor do perfil é o persoal do Sic asociado ao servizo (e nalgúns casos, un xestor da empresa)
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi
    3. Prestador Servizo Externo: Servizo de vixilancia (1 ano renovable)
      • O xestor do perfil é Contratación Administrativa
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email
    4. Persoal colaborador na xestión de bolsas do Ministerio (3 meses renovables)
      • O xestor do perfil é o Persoal da Sección de Bolsas
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
    5. Administrador Externo Centros Adscritos (1 ano renovable)
      • O xestor do perfil é o Persoal administrador de Xescampus
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Windows Services(AD)
    6. Auditor económico (3 meses renovables)
      • O xestor do perfil é o persoal da Xerencia
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Windows Services(AD)
    7. Controlador deportivo (1 ano renovable)
      • Os xestores dos perfís son os PAS da área de deportes
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Windows Services(AD)
    8. Prestador Servizo Externo da Ori (1 ano renovable)
      • Os xestores do perfil son os PAS da Ori
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi


* O servizo "Windows Services(AD)" inclúe de forma adicional o permiso de acceso a VDI.


CONDICIÓNS DO SERVIZO

Os membros de UDC Passport deberán cumprir coas condicións e políticas de todos os servizos da UDC aos que se lle proporciona acceso a través de UDC Passport. Estas condicións están publicadas no portal "Axuda Tic" .

Tamén deberá cumprir coa "Política de seguridade da información", co "Regulamento de uso das TIC" e coa "Normativa de uso dos recursos TIC" publicados no portal "Seguridade da información".


  • Microsoft Edge
  • Google Chrome
  • Mozilla Firefox

UDC Passport está dispoñible en galego, castelán e inglés. O idioma no que visualizará UDC Passport seguirá as preferencias de idioma configuradas na sección "Configuración - Idiomas" do seu navegador.


HISTORIAL DE ACTUALIZACIÓNS

  • 13 de outubro de 2020 - Posta en marcha do servizo

  • 27 de xaneiro de 2021 - Fotografías para a TUI
  • 1 de febreiro de 2022 - Fotografía universitaria



Data última actualización:

Servizo : UDC Passport: Usuario

Grupo: Servizos Abertos

Documentador : Justo Antonio Álvarez Prieto