Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 25 Siguiente »




INCIDENCIAS E SOLICITUDES
MANUAIS E SOFTWARE

Reciba un mail coa invitación. A invitación será enviada desde a conta de mail sic-noreply@udc.es.

Revise os datos persoais que aparecen no mail e preme na opción "Rexistro" (Asegúrese de que o enderezo do rexistro comeza por "https://apps.udc.es/UDCpassport/..." e que o candado do navegador está pechado)

Siga as instrucións para rexistrarse en UDC Passport.

Siga as instrucións para rexistrarse no portal de Servizos.

Comprobe o rexistro accedendo ao enderezo "https://apps.udc.es/UDCpassport/" co seu usuario de Servizos.



CONDICIÓNS DO SERVIZO



DESCRICIÓN DO SERVIZO

UDC Passport é un aplicativo que permite o acceso a certos servizos da UDC a persoas non membros da comunidade universitaria. Para poder rexistrarse en UDC Passport, é preciso recibir unha invitación dalgún dos xestores dos perfís habilitados en UDC Passport. O rexistro en UDC Passport dará acceso aos servizos da UDC habilitados para o perfil correspondente durante o tempo que estea activo o perfil. Pode consultar se ten algún perfil activo accedendo ao enderezo https://apps.udc.es/UDCpassport co seu usuario de Servizos.

QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO

Acceso a servizos da UDC non xestionados a través de UDC Passport.



QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO?

Toda persoa que requira, mediante algún tipo de contrato ou convenio, acceder a algún dos servizos da UDC (controis de acceso, wifi, biblioteca, etc.) para o desempeño dalgunha prestación ou estudo, ao que non ten acceso por non ser membro da comunidade universitaria ou non pertencer a un colectivo que lle proporcione acceso a ese servizo. Para poder facer uso do servizo, é preciso recibir unha invitación da persoa responsable da xestión do perfil. Estar activo nun perfil proporcionará acceso aos servizos estritamente necesarios para poder desenvolver a prestación ou estudo.

PERFÍS ACTIVOS EN UDCpassport:

  1. Profesorado Externo Máster Interuniversitario (1 ano renovable)
    • O xestor do perfil é o coordinador do máster.
    • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web)
  2. Alumnado Externo Máster Interuniversitario (1 ano renovable)
    • O xestor do perfil é o coordinador do máster.
    • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web)
  3. Profesorado Formación Externo (2 meses renovables)
    1. Profesorado cursos Cufie
      • O xestor do perfil é o director do Cufie
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web), Windows Services(AD)
    2. Profesorado curso de formación do PAS
      • O xestor do perfil é o persoal do Servizo de Pas encargado da organización dos cursos de formación do PAS.
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web), Windows Services(AD)
    3. Profesorado cursos de formación organizados por un centro
      • O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do centro.
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web), Windows Services(AD)
    4. Profesorado cursos de formación organizados por un departamento
      • O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do departamento.
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web), Windows Services(AD)
  4. Investigación: colaborador externo (1 ano renovable)
      • O xestor do perfil é o investigador principal do grupo de investigación
      • Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(Web), Windows Services(AD), Portafirmas, Biblioteca


CONDICIÓNS DO SERVIZO

Os membros de UDC Passport deberán cumprir coas condicións e políticas de todos os servizos da UDC aos que se lle proporciona acceso a través de UDC Passport. Estas condicións están publicadas no portal "Axuda Tic" .

Tamén deberá cumprir coa "Política de seguridade da información", co "Regulamento de uso das TIC" e coa "Normativa de uso dos recursos TIC" publicados no portal "Seguridade da información".


Navegadores da internet soportados
  • Microsoft Edge
  • Google Chrome
  • Mozilla Firefox

UDC Passport está dispoñible en galego, castelán e inglés. O idioma no que visualizará UDC Passport seguirá as preferencias de idioma configuradas na sección "Configuración - Idiomas" do seu navegador.


HISTORIAL DE ACTUALIZACIÓNS

  • 13 de outubro de 2020 - Posta en marcha do servizo


Data actualización : 09/11/2020

Servizo : UDC Passport: Usuario

Grupo: Servizos Abertos