Se tes conta de correo electrónico de recuperación Se tes configurada unha conta de correo electrónico de recuperación, só tes que acceder ao enderezo: https://servizos.udc.es/activacion/recuperar-contrasinal para asignar unha nova contrasinal. Ao facer click nesta opción deberás introducir o teu usuario de servizos (sen @udc.es) e o sistema enviarache un correo a esta conta que teñas de recuperación para poder poñer un contrasinal novo. Lembrámosche que en calquera momento podes establecer unha conta de correo electrónico de recuperación por se esqueces o teu contrasinal. Entra no teu perfil de servizos https://servizos.udc.es para establecer esa conta de correo electrónico e así poderemos enviarche unha mensaxe que che permita acceder nestes casos. Nota: - Por cuestións de seguridade, o enderezo para á petición de recuperación de contrasinal (https://servizos.udc.es/activacion/recuperar-contrasinal) e o posterior enlace de recuperación incluido no correo electrónico enviado ao usuario, soamente se poderán executar dende un dispositivo conectado ás redes da universidade.
Ver máis: |