Search


A continuación informámosche dos pasos que debes seguir no caso do roubo do teu contrasinal.

a) Se o teu contrasinal foi cambiado polos ciberdelincuentes e NON PODES ACCEDER a servizos.udc.es, segue as indicacións “COMO RECUPERAR OS DATOS DA TÚA CONTA DE SERVIZOS” na páxina: Portal de servizos e recuperación de contrasinal. Logo, continúa co paso 2.

b) Se o seu contrasinal non foi cambiado polos ciberdelincuentes e PODES ACCEDER a servizos.udc.es, · modifica a túa clave de acceso en https://servizos.udc.es, no apartado “Cambio de contrasinal”. Continúa co paso 2.

Revisa a conta de correo alternativa que aparece en https://servizos.udc.es, pois é posible que o ciberdelincuente a cambiara por outra baixo o seu control.

Revisa se hai algún reenvío o regra de correo non desexada. Podes consultar nesta páxina como facelo: Como comprobo se a miña conta de correo ten reenvíos ou regras configuradas.

Analiza cun antivirus os teus dispositivos. Elimina o posible malware que se detecte.

Se utilizabas o mesmo contrasinal para outros servizos, debes cambialo tamén ahí. Recorda que non é recomendable usar o mesmo contrasinal para varios servizos ou aplicacións.




Data actualización : 22/04/2020