A continuación informámosche dunha serie de recomendacións de interese que debes atender para asegurar a túa conta de usuario de servizos da UDC

Configura unha conta de correo alternativa para recibir instrucións por parte da UDC no caso de que, por calquera incidencia, non poidas acceder á conta corporativa. Para facer isto, debes ir a https://servizos.udc.es . No apartado “O teu perfil” debes cubrir o “Correo electrónico de recuperación”:

Ver máis:

Recorda que non se debe utilizar o mesmo contrasinal para distintos servizos.

Lembra que este é o contrasinal que usarás para entrar nos servizos da UDC adheridos os sistema de identidade única, coma a intranet, o correo, a secretaría virtual, etc

Crea un contrasinal seguro. Debe curmprir estes requisitos:

  • Elixe unha combinación de letras, números e símbolos de alomenos dez carácteres de lonxitude. Usa dúas letras como mínimo.

  • Usa un número ou un símbolo como mínimo.

  • Cambia entre maiusculas e minúsculas alomenos unha vez.

  • Non poderás incluír o identificador de usuario, o teu DNI, número de teléfono ou calquera outro dato que sexa facilmente relacionable coa persoa usuaria.

  • Non deberá coincidir cos derradeiros 5 contrasinais.

  • Non empregues un contrasinal similar ao anterior, no que soamente cambien algúns caracteres. Por exemplo: se o teu contrasinal é EJJiiwor-2021, non deberías cambialo por EJJiiwor-2022.

  • Non utilices o mesmo contrasinal que o que empregues noutros servizos (como Gmail, Twitter, Facebook, Instagram, banca electrónica, LinkedIn,...).


    Exemplos de contrasinais seguros son: 1PsdTYv4h0, l1ddRSOCc%

Asegúrate de que as aplicacións que che piden o contrasinal son da UDC e non un sitio falso. Se che piden o contrasinal por teléfono, desconfía. Desde os servicios da UDC nunca se solicitará esta información en ningunha comunicación.

Non fagas clic en enlaces de correos ou adxuntos de destinatarios descoñecidos ou que presenten características que che fagan sospeitar (linguaxe incorrecta, solicitar accións urxentes, ...).

Recomendámosche que vexas este video (4 minutos de duración) cun resume destes e outros consellos importantes. 




Data actualización : 22/04/2020