CONDICIÓNS DO SERVIZO


Este servizo está á túa disposición 24 horas ao día ainda que os técnicos soamente atenderán as túas consultas, peticións ou incidencias en horario de traballo e a través das canles estabrecidas pola UDC.

Algunhas das funcións que presta este servizo están limitadas a prazos de tempo definidos polas convocatorias correspondentes (matrícula, solicitudes de praza...).

DESCRIPCIÓN DO SERVIZO

Sistema informático orientado ao colectivo de estudantes que presta axuda nos procedementos académicos. Matrícula, Solicitudes títulos, Consultas expediente, ...

Os estudantes de novo acceso ás titulacións de grao (primeiro por primeira vez) dispoñen dunha páxina especial para a xestión da súa matrícula. Unha vez realizada ésta, podrá acceder ao documento de activación de servizos e activalos o que lle permitirá obter, entre outros servizos da UDC, o acceso completo á Secretaría Virtual Estudantes (SVE).


Na SVE podes acceder e xestionar:

Información persoal


Datos persoaisVisualiza os teus datos persoais e modifica enderezos
EstatísticaVisualiza e modifica os teus datos estatísticos
Secretaría




Consulta de expedientePodes ver a situación do teu expediente académico
Liquidacións PendentesAquí podes consultar se tes liquidacións pendentes de pagamento. Tamén atoparás información de cómo facer o pagamento
Incorporación a GraoPara estudantes procedentes de títulos anteriores aos graos. Podes simular os teus recoñecementos no caso de cambiar o teu expediente ao grao que corresponda coa túa titulación
Ver LiquidaciónsConsulta as túas liquidacións, datas de emisión, importe e situación
Matrícula



Cont. estudos de GraoAcceso á matrícula para continuación de estudos. Estudantes matriculados na mesma titulación en algún curso anterior ou fixeron unha incorporación ao grao desde unha titulación dalgunha regulación anterior
Mestrados UniversitariosAcceso á matrícula en titulacións de máster
Curso Ponte de Grao
Traballos Fin de Grao e Mestrado

Contidos de TFG e TFMConsulta a túa matrícula en TFG ou TFM e fai a solicitude de defensa
Títulos Oficiais

ExpediciónSolicita o teu título universitario
Doutoramento 99/2011




Solicitude de Admisión e Matrícula de 1ª Vez
Matrícula de Continuación
ExpedienteConsulta o teu expediente e fai os trámites de xestión necesarios para o doutoramento cando corresponda: plan de investigación, documento de actividades, solitide de dedicación a tempo parcial, solicitude de prórroga, etc.
Solicitudes de EstanciaSolicita a túa estancia fóra da UDC


DESCRIPCIÓN DO UNIDADES ADMINISTRATIVAS ASOCIADAS AO SERVIZO

Servizo de Organización Académica

Administracións dos centros e departamentos



QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO

Servizo accesible a todos os estudantes da UDC.

Accesos:

  • Usuario e contrasinal do servizo de identificación da UDC .
  • Certificado dixital / DNI electrónico.

É PRECISO SOLICITAR AUTORIZACIÓN PARA FACER USO DESTE SERVIZO

Non se precisa autorización.


ÁMBITO DE USO

Internet.



Só se precisa un dispositivo cun navegador conectado a internet.



Pregunta Como recuperar os datos da túa conta de Servizos: usuario o contrasinal


Se non recordas a contrasinal tes que solicitala, acreditando túa identidade, na administración do centro onde esteas matriculado.


É a primeira vez que me matriculo na universidade e quero crear a miña conta en Servizos. Que debo facer?


Unha vez matriculado, dispós dun código de Activación (isto imprimíchelo cun xustificante de matrícula). Conéctate á páxina web https://servizos.udc.es e sigue as instrucións que aparecen na páxina do código de activación.


É a primeira vez que me matriculo na universidade e non teño o código de activación


Unha vez matriculado, para recuperar o código de activación, deberás imprimir a folla correspondente na pantalla de matrícula realizada ou dirixirte á Secretaría do teu Centro. Segue as instruccións da folla para activarte.


Que debo facer para cambiar a clave de Servizos?


Podes cambiar a túa clave en Servizos cando queiras e as veces que queiras, pero isto afecta a todos os servizos: Moodle, Correo electrónico, Secretaría Virtual, wifi, AulasNet, etc. Para cambiar a clave, entra en https://servizos.udc.es (https://servizos.udc.es/) e no menú da esquerda, pincha en Cambio de contrasinal (https://servizos.udc.es) Recorda que o cambio de contrasinal afecta a todos os servizos.


Erros durante o proceso de activación


Indicámosche os erros máis comúns no proceso de activación e como solventalos:

Cando estou creando a miña conta en Servizos dáme a seguinte mensaxe de erro:


􀀀 ERRO: “As credenciais que proporcionaches (a dirección de correo electrónico e o contrasinal) non son válidos. Asegúrate de que introduciches os datos correctamente e inténtao de novo.”

CAUSA: non se introduce correctamente o contrasinal da conta de correo ou non se está escribindo ben a conta de correo.

􀀀 ERRO: “O código de activación que introduciches non é válido. Pódelo intentar de novo. Lémbrate de introducir tódolos datos que se che solicitan e de indicar o documento e tipo de documento co que te matriculaches ou o que aparece non teu contrato.”

CAUSA: o código de activación que introduce non é correcto, non está ben xerado ou o documento asociado á conta de correo electrónico non é o mesmo que introduce o alumno. Isto último pódelo comprobar no centro onde estás matriculado.

􀀀 ERRO: “Os teus datos están incompletos. Este erro é debido á falta dalgún dato indispensable para a activación nos sistemas da UDC. Se é alumno podes poñerte en contacto coa área de Xestión Académica ou coa secretaría do teu centro para completar os teus datos.”

CAUSA: o alumno non está asignado en Xescampus a ningún centro da UDC. Comproba no
teu centro se estás admitido.

􀀀 ERRO: “Os teus datos na área de Xestión Académica están incompletos. Este erro é debido á falta dalgún dos datos indispensables para a activación (p. ex. o nome, os apelidos, o documento de identificación, etc) nas bases de datos da Área de Xestión Académica”.

CAUSA: Falta algún dos datos obrigatorios en Xescampus: datos persoais, dirección de matrícula… Ou a matrícula do alumno está anulada. Comproba na administración do teu centro que todos os campos da matrícula están cubertos ou se tiveches unha anulación de matrícula debes regularizar a túa situación coa universidade.

􀀀 ERRO: “O usuario xa foi activado. O usuario que estás intentando activar xa foi activado con anterioridade. A activación dun usuario só se pode realizar unha única vez.”

CAUSA: Xa te activaches con anterioridade. Si non recordas o usuario ou o contrasinal acode á administración do teu centro para recuperalos.

􀀀 ERRO: “Non constas nas bases de datos da UDC. Este erro é debido á que non existe información túa nas bases de datos de alumnos e de persoal da UDC.”

CAUSA: o código de activación do usuario non se corresponde co documento e o tipo de documento que está usando. É posible que na matrícula esteas rexistrado cun documento
distinto ao que estás empregando.




Data actualización :  




CONDICIÓNS DE USO


CONDICIÓNS DE SOPORTE


11/08/2020: Engadíronse FAQs




Artigos relacionados
Solución de erros




FAQ - Preguntas frecuentes
HOW-TO - Cómo facer




Data actualización : 28/12/2018

Servizo : Secretaría Virtual para Estudantes (SVE)

Grupo : Software e aplicacións

Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS