Pregunta Como recuperar os datos da túa conta de Servizos: usuario o contrasinal


Se non recordas a contrasinal tes que solicitala, acreditando túa identidade, na administración do centro onde esteas matriculado.


É a primeira vez que me matriculo na universidade e quero crear a miña conta en Servizos. Que debo facer?


Unha vez matriculado, dispós dun código de Activación (isto imprimíchelo cun xustificante de matrícula). Conéctate á páxina web https://servizos.udc.es e sigue as instrucións que aparecen na páxina do código de activación.


É a primeira vez que me matriculo na universidade e non teño o código de activación


Unha vez matriculado, para recuperar o código de activación, deberás imprimir a folla correspondente na pantalla de matrícula realizada ou dirixirte á Secretaría do teu Centro. Segue as instruccións da folla para activarte.


Que debo facer para cambiar a clave de Servizos?


Podes cambiar a túa clave en Servizos cando queiras e as veces que queiras, pero isto afecta a todos os servizos: Moodle, Correo electrónico, Secretaría Virtual, wifi, AulasNet, etc. Para cambiar a clave, entra en https://servizos.udc.es (https://servizos.udc.es/) e no menú da esquerda, pincha en Cambio de contrasinal (https://servizos.udc.es) Recorda que o cambio de contrasinal afecta a todos os servizos.


Erros durante o proceso de activación


Indicámosche os erros máis comúns no proceso de activación e como solventalos:

Cando estou creando a miña conta en Servizos dáme a seguinte mensaxe de erro:


􀀀 ERRO: “As credenciais que proporcionaches (a dirección de correo electrónico e o contrasinal) non son válidos. Asegúrate de que introduciches os datos correctamente e inténtao de novo.”

CAUSA: non se introduce correctamente o contrasinal da conta de correo ou non se está escribindo ben a conta de correo.

􀀀 ERRO: “O código de activación que introduciches non é válido. Pódelo intentar de novo. Lémbrate de introducir tódolos datos que se che solicitan e de indicar o documento e tipo de documento co que te matriculaches ou o que aparece non teu contrato.”

CAUSA: o código de activación que introduce non é correcto, non está ben xerado ou o documento asociado á conta de correo electrónico non é o mesmo que introduce o alumno. Isto último pódelo comprobar no centro onde estás matriculado.

􀀀 ERRO: “Os teus datos están incompletos. Este erro é debido á falta dalgún dato indispensable para a activación nos sistemas da UDC. Se é alumno podes poñerte en contacto coa área de Xestión Académica ou coa secretaría do teu centro para completar os teus datos.”

CAUSA: o alumno non está asignado en Xescampus a ningún centro da UDC. Comproba no
teu centro se estás admitido.

􀀀 ERRO: “Os teus datos na área de Xestión Académica están incompletos. Este erro é debido á falta dalgún dos datos indispensables para a activación (p. ex. o nome, os apelidos, o documento de identificación, etc) nas bases de datos da Área de Xestión Académica”.

CAUSA: Falta algún dos datos obrigatorios en Xescampus: datos persoais, dirección de matrícula… Ou a matrícula do alumno está anulada. Comproba na administración do teu centro que todos os campos da matrícula están cubertos ou se tiveches unha anulación de matrícula debes regularizar a túa situación coa universidade.

􀀀 ERRO: “O usuario xa foi activado. O usuario que estás intentando activar xa foi activado con anterioridade. A activación dun usuario só se pode realizar unha única vez.”

CAUSA: Xa te activaches con anterioridade. Si non recordas o usuario ou o contrasinal acode á administración do teu centro para recuperalos.

􀀀 ERRO: “Non constas nas bases de datos da UDC. Este erro é debido á que non existe información túa nas bases de datos de alumnos e de persoal da UDC.”

CAUSA: o código de activación do usuario non se corresponde co documento e o tipo de documento que está usando. É posible que na matrícula esteas rexistrado cun documento
distinto ao que estás empregando.




Data actualización :