Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 90 Siguiente »

INCIDENCIAS E SOLICITUDES

Se obtés o erro "Non autorizado" cando accedes a esta aplicación, significa que non tes autorización para o uso da tarxeta universitaria: Neste caso, contacta coa administración do teu centro (estudante) ou coa unidade organizativa que che realizou o contrato (persoal da UDC) para que che revisen a matrícula ou o contrato.

  • Prodúcese un erro ao premer en 'Tarjeta virtual' en teléfonos Android: Borre os datos da aplicación:

'Configuración' - 'Aplicaciones' - UDC.gal → Premer 'Detener' → 'Almacenamiento’: Premer ‘Borrar datos’. (Inicia de novo a aplicación)


CONDICIÓNS DO SERVIZO


DESCRICIÓN DO SERVIZO

A emisión da tarxeta universitaria (TUI) é o proceso mediante o que os membros da comunidade universitaria poden obter a súa tarxeta acreditativa.

A tarxeta universitaria é a credencial que permite a identificación de todos os membros integrantes da comunidade universitaria, brinda acceso a múltiples servizos tecnolóxicos e constitúe un avanzado sistema de información, xestión, acreditación, empréstito bibliotecario, acceso a recintos...

En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.

QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO

A emisión da tarxeta bibliotecaria para usuarios externos non pertencentes á comunidade universitaria.

A emisión de tarxetas de acceso a actividades deportivas, recintos ou aparcadoiros para usuarios non pertencentes á comunidade universidade.


QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO

Persoal docente e investigador da UDC.

Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e universidade sénior matriculados na UDC que teñan pagada a cota correspondente á tarxeta universitaria para o presente curso académico.

Persoal de administración e servizos da UDC.

Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI.

PROCEDEMENTO DE EMISIÓN DA TARXETA UNIVERSITARIA (TUI)

Para obter a TUI terás que descargar a app da UDC no teu móbil (Android - Iphone) e disporás dela ao instante.

Antes de usar a tarxeta en formato dixital, debes engadir ou actualizar a túa fotografía. Podes facelo a través deste enderezo electrónico: https://apps.udc.es/TuiUDCFoto

Máis información na pestana Onde conseguila?



CONDICIÓNS DE USO

A tarxeta universitaria é a credencial que permite a identificación de todos os membros integrantes da comunidade universitaria, brinda acceso a múltiples servizos tecnolóxicos e constitúe un avanzado sistema de información, xestión e acreditación.

A tarxeta universitaria é unha tarxeta persoal e intransferible. A persoa titular é responsable dos actos administrativos que fosen validados e autenticados coa tarxeta que o identifica. Se es estudante, para ter dereito a ela é necesario estar matriculado na UDC e pagar a cota anual correspondente.  

En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.


No se puede representar {include}. No se ha encontrado la página incluida.


HISTORIAL DE ACTUALIZACIÓNS

  • 08 de xuño de 2021: Actualización online da fotografía.
  • 30 de xuño de 2020: Tarxeta virtual



FAQ - Preguntas frecuentes

No hay ningún contenido con las etiquetas especificadas





Data actualización :

Servizo : Emisión da tarxeta universitaria (TUI)

Grupo : Software e aplicacións

Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS