Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 18 Siguiente »




INCIDENCIAS E SOLICITUDES
MANUAIS E SOFTWARE

Reciba un mail coa invitación. A invitación será enviada desde a conta de mail sic-noreply@udc.es.

Revise os datos persoais que aparecen no mail e preme na opción "Rexistro" (Asegúrese de que o enderezo do rexistro comeza por "https://apps.udc.es/UDCpassport/..." e que o candado do navegador está pechado)

Siga as instrucións para rexistrarse en UDC Passport.

Siga as instrucións para rexistrarse no portal de Servizos.

Comprobe o rexistro accedendo ao enderezo "https://apps.udc.es/UDCpassport/" co seu usuario de Servizos.



CONDICIÓNS DO SERVIZO



DESCRICIÓN DO SERVIZO

UDC Passport é un aplicativo que permite o acceso a certos servizos da UDC a persoas non membros da comunidade universitaria. Para poder rexistrarse en UDC Passport, é preciso recibir unha invitación dalgún dos xestores dos perfís habilitados en UDC Passport. O rexistro en UDC Passport dará acceso aos servizos da UDC habilitados para o perfil correspondente durante o tempo que estea activo o perfil. Pode consultar se ten algún perfil activo accedendo ao enderezo https://apps.udc.es/UDCpassport co seu usuario de Servizos.

QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO

Acceso a servizos da UDC non xestionados a través de UDC Passport.



QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO?

Toda persoa que requira, mediante algún tipo de contrato ou convenio, acceder a algún dos servizos da UDC (controis de acceso, wifi, biblioteca, etc.) para o desempeño dalgunha prestación ou estudo non oficial, ao que non ten acceso por non ser membro da comunidade universitaria ou non pertencer a un colectivo que lle proporcione acceso a ese servizo. Para poder facer uso do servizo, é preciso recibir unha invitación da persoa responsable da xestión do perfil. Estar activo nun perfil proporcionará acceso aos servizos estritamente necesarios para poder desenvolver a prestación ou estudo.



CONDICIÓNS DO SERVIZO

Os membros de UDC Passport deberán cumprir coas condicións e políticas de todos os servizos da UDC aos que se lle proporciona acceso a través de UDC Passport. Estas condicións están publicadas no portal "Axuda Tic" .

Tamén deberá cumprir coa "Política de seguridade da información", co "Regulamento de uso das TIC" e coa "Normativa de uso dos recursos TIC" publicados no portal "Seguridade da información".


Navegadores da internet soportados
  • Microsoft Edge
  • Google Chrome
  • Mozilla Firefox
  • Safari

UDC Passport está dispoñible en galego, castelán e inglés. O idioma no que visualizará UDC Passport seguirá as preferencias de idioma configuradas no seu navegador.


HISTORIAL DE ACTUALIZACIÓNS

  • 13 de outubro de 2020 - Posta en marcha do servizo


Data actualización : 13/10/2020

Servizo : UDC Passport: Usuario

Grupo: Servizos Abertos