PARA CONFIGURAR O MICROSOFT AUTHENTICATOR (MFA)
Configurar a conta MFA nun PC (se estás a configurar a túa conta MFA por primeira vez, recomendámosche consultar a Guía de Instalación rápida y uso de Microsoft Authenticator, onde atoparás os pasos detallados para completar o proceso)
Se queres cambiar o método de autenticación prema aquí
Pódese configurar de 4 formas:
Microsoft Authenticator (Autenticador por defecto do servizo)
Outra aplicación de autenticación (Google Authenticator, FReeOTP ou calquera outro aplicativo OTP)
Chamada a un número de teléfono
SMS ao móbil
IMPORTANTE: Se non pode completar o acceso con dobre factor de seguridade (MFA) debido a cambio/perda do terminal móbil, restablezo ou cambio do dispositivo no que estaba configurado o MFA, ou erro/fallo na aplicación de autenticación, deberá realizar unha petición por email a cau.sic@udc.es incluíndo:
- Unha solicitude de autorización escrita e asinada manualmente onde figure o seu nome, apelidos e número de DNI ou pasaporte
- Copia por ambos lados do DNI ou pasaporte en vigor
- Debe indicar "Reset MFA" no asunto do email
Unha vez recibida a súa solicitude procederase a realizar o restablecemento do dobre factor de seguridade e poderá indicar un dispositivo novo.