PARA CONFIGURAR O MICROSOFT AUTHENTICATOR (MFA)
Configurar a conta MFA nun PC (se estás a configurar a túa conta MFA por primeira vez, podes consultar a Guía de Instalación rápida e uso de Microsoft Authenticator, onde atoparás os pasos detallados para completar o proceso)
Pódese configurar de 4 formas:
Microsoft Authenticator (Autenticador por defecto do servizo)
Outra aplicación de autenticación (Google Authenticator, FReeOTP ou calquera outro aplicativo OTP)
Chamada a un número de teléfono
SMS ao móbil
Se tes problemas coa app, xa sexa porque cambiaches de móbil o porque non o levas contigo, e queres saber cómo podes cambiar o método de autenticación prema na Guía Instrucciones básicas
Como configurar a opción de validación da tua conta de usuario mediante SMS ao móbil como parte do proceso de MFA
Guía de pasos
Desde a xanela de solicitude de información adicional prema no botón de "seguinte"
Agora prema no ligazón "Quero configurar outro método"
Escolle a opción "Teléfono" como método de autenticación preferido
Finalmente pon o número que será utilizado para recibir os códigos de autenticación vía SMS
IMPORTANTE: Se non pode completar o acceso con dobre factor de seguridade (MFA) debido a cambio/perda do terminal móbil, restablezo ou cambio do dispositivo no que estaba configurado o MFA, ou erro/fallo na aplicación de autenticación, deberá realizar unha petición por email a cau.sic@udc.es incluíndo:
- Unha solicitude de autorización escrita e asinada manualmente onde figure o seu nome, apelidos e número de DNI ou pasaporte
- Copia por ambos lados do DNI ou pasaporte en vigor
- Debe indicar "Reset MFA" no asunto do email
Unha vez recibida a súa solicitude procederase a realizar o restablecemento do dobre factor de seguridade e poderá indicar un dispositivo novo.