Tabs Page |
---|
title | En que consiste este servizo |
---|
|
DESCRICIÓN DO SERVIZOProporciónase acceso ao xestor de contidos corporativo da Universidade (OpenCms) para a creación de portais web de órganos ou entidades pertencentes á Universidade da Coruña. A publicación de contidos no dito xestor non require de coñecementos técnicos en html, ftp, css etc. A subida de contidos realízase a través do navegador utilizando a ferramenta de xestión de contidos que inclúe o OpenCms corporativo. Os modelos para a publicación de contidos están predefinidos seguindo a imaxe corporativa da Universidade. Estes modelos non poderán ser modificados.UDC Passport é un aplicativo que permite o acceso a certos servizos da UDC a persoas non membros da comunidade universitaria. Para poder rexistrarse en UDC Passport, é preciso recibir unha invitación dalgún dos xestores dos perfís habilitados en UDC Passport. O rexistro en UDC Passport dará acceso aos servizos da UDC habilitados para o perfil correspondente durante o tempo que estea activo o perfil. Podes consultar se tes algún perfil activo accedendo ao enderezo https://apps.udc.es/UDCpassport co teu usuario de Servizos. QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZOSoporte a portais web desenvolvidos fóra do xestor de contidos corporativo (OpenCms) da Universidade da Coruña. Se desexa instalar o seu propio xestor de contidos para dar aloxamento á súa web, consulte o servizo de "Hosting Virtual"Acceso a servizos da UDC non xestionados a través de UDC Passport.
|
Tabs Page |
---|
|
QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO?Poderá solicitar aloxamento web calquera PDI ou PAS pertencente á Universidade da Coruña que sexa ademais responsable dalgún dos seguintes órganos ou entidades para o que solicita o aloxamento web: Calquera órgano ou entidade non incluído na listaxe anterior requirirá autorización previa do reitor. Toda persoa que requira, mediante algún tipo de contrato ou convenio, acceder a algún dos servizos da UDC (controis de acceso, wifi, biblioteca etc.) para o desempeño dalgunha prestación ou estudo ao que non ten acceso por non ser membro da comunidade universitaria ou non pertencer a un colectivo que lle proporcione acceso a ese servizo. Para poder facer uso do servizo, é preciso recibir unha invitación da persoa responsable da xestión do perfil. Estar activo nun perfil proporcionará acceso aos servizos estritamente necesarios para poder desenvolver a prestación ou estudo. PERFÍS ACTIVOS EN UDCpassport:- Profesorado Externo Máster/Grao Interuniversitario (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o coordinador do máster/grao.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
- Alumnado Externo Máster/Grao Interuniversitario (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o coordinador do máster.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Biblioteca
- Profesorado Externo Estudos Propios de Posgrao (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o coordinador do estudo.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
- Profesorado Formación Externo
- Profesorado cursos Cufie (2 meses renovables)
- O xestor do perfil é o director do Cufie
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
- Profesorado curso de formación do PAS (2 meses renovables)
- O xestor do perfil é o persoal do Servizo de Pas encargado da organización dos cursos de formación do PAS.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
- Profesorado cursos de formación organizados por un centro (2 meses renovables)
- O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do centro.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
- Profesorado cursos de formación organizados por un departamento (2 meses renovables)
- O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do departamento.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
- Profesorado Formación Externo Senior (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é a administración da Universidade Senior
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
- Profesorado Formación Externo OCV (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o director da OCV
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1)
- Profesorado Formación Externo Área de Cultura (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o persoal da Área de Cultura
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1)
- Profesorado Formación Externo International Summer School (2 meses renovables)
- O xestor do perfil é o persoal da ORI
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1)
- Profesorado Formación Externo Centro de Linguas (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o persoal do CL
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1)
- Profesorado Formación Externo Servizo de Normalización Lingüística (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o persoal do SNL
- Servizos habilitados: SSO, Wifi
- Alumnado Formación Externo
- Alumnado Formación Externo International Summer School (2 meses renovables)
- O xestor do perfil é o persoal da ORI
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
- Alumnado Formación Externo Stembach (2 meses renovables)
- O xestor do perfil é o persoal Stembach do CICA
- Servizos habilitados: SSO, Wifi
- Investigación: colaborador externo (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o investigador principal do grupo de investigación
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD), Portafirmas, Biblioteca
- Deportes: Docentes cursos de formación, monitores de actividades deportivas e monitores de salas de musculación (1 ano renovable)
- Os xestores dos perfís son os PAS da área de deportes
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1)
- Membros externos de órganos colexiados e estatutarios
- O xestor do perfil é a Secretaría Xeral.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1)
- Bolseiros externos
- Bolseiros en prácticas da Xerencia (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é a Xerencia.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD), Sigem, Portafirmas
- Prestadores de servizo externos
- Prestadores de servizo externo dun centro (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do centro.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Windows Services(AD)
- Prestador Servizo Externo do Sic (Epsilon, UXXIEC, Sistemas ...) (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o persoal do Sic asociado ao servizo (e nalgúns casos, un xestor da empresa)
- Servizos habilitados: SSO, Wifi
- Prestador Servizo Externo: Servizo de vixilancia (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é Contratación Administrativa
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email
- Persoal colaborador na xestión de bolsas do Ministerio (3 meses renovables)
- O xestor do perfil é o Persoal da Sección de Bolsas
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licenza A1), Windows Services(AD)
- Administrador Externo Centros Adscritos (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o Persoal administrador de Xescampus
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Windows Services(AD)
- Auditor económico (3 meses renovables)
- O xestor do perfil é o persoal da Xerencia
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Windows Services(AD)
- Controlador deportivo (1 ano renovable)
- Os xestores dos perfís son os PAS da área de deportes
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Windows Services(AD)
- Prestador Servizo Externo da Ori (1 ano renovable)
- Os xestores do perfil son os PAS da Ori
- Servizos habilitados: SSO, Wifi
* O servizo "Windows Services(AD)" inclúe de forma adicional o permiso de acceso a VDI. |
Tabs Page |
---|
|
CONDICIÓNS DO SERVIZOOs membros de UDC Passport deberán cumprir coas condicións e políticas de todos os servizos da UDC aos que se lle proporciona acceso a través de UDC Passport. Estas condicións están publicadas no portal "Axuda Tic" . Tamén deberá cumprir coa "Política de seguridade da información", co "Regulamento de uso das TIC" e coa "Normativa de uso dos recursos TIC" publicados no portal "Seguridade da información" | Tabs Page |
---|
| CONDICIÓNS DO SERVIZOO Servizo de Informática e Comunicacións (SIC) proporcionará acceso ao xestor OpenCms da Universidade, ofrecendo ao órgano ou entidade un espazo no que aloxar a súa web. Os enderezos de acceso público da web serán https://www.udc.es/siglas e https://www.udc.gal/siglas, onde "siglas" pode ser as siglas ou un nome curto (sen espacios ou símbolos) que identifique o órgano ou a entidade. A edición das páxinas e o mantemento da información do portal debe ser realizada polo responsable da web ou polas persoas que designe baixo a súa tutela, empregando a ferramenta de xestión de contidos que inclúe o OpenCms da Universidade. Para o desenvolvemento inicial da web, o SIC podería colaborar desenvolvendo a páxina de inicio do portal e ata 5 páxinas interiores a modo de exemplo. A persoa responsable do órgano ou entidade ten a total responsable dos contidos publicados na súa web, da información almacenada ou transmitida, das súas explotacións, dos enlaces de hipertexto, das reivindicacións de terceiros e das accións legais que poidan desencadear. O SIC non será responsable dos danos e prexuízos de calquera natureza que se puidesen causar a un terceiro como consecuencia da utilización indebida ou ilexítima deste servizo. O SIC fará todo o razoablemente posible para manter a operatividade ininterrompida dos seus servizos, de acordo cos circuítos previstos regularmente de mantemento de servidores e redes. No entanto, posto que existen moitos sucesos e circunstancias que se encontran máis alá do control do SIC, o SIC non responde do retraso, perda de datos, deficiencias na conexión, conexión lenta, ou calquera outro suceso similar producido por causas alleas ao SIC. O SIC poderá limitar ou denegar discrecionalmente o acceso aos seus servidores se ao seu xuízo as ditas limitacións ou denegacións son necesarias para garantir a seguridade da rede, a integridade da estrutura da rede ou para previr danos na rede, o software ou dos datos almacenados nos servidores do SIC. O SIC poderá, sin previo aviso, interromper temporalmente ou incluso cancelar definitivamente este servizo para un órgano ou entidade no caso de incumprimento das condicións de uso. O espazo ocupado polos contidos web está limitado a un total de medio Xigabyte e o tamaño máximo de cada arquivo individual non superará os dous MegaBytes. O SIC poderá poñer controis no servidor que verifiquen o cumprimento destas limitacións. Este servizo non ten custo para o órgano ou entidade solicitante. CONDICIÓNS DE USOOs contido publicado na web estará de acordo coas funcións establecidas para a Universidade da Coruña nos seus Estatutos e só poderá incluír información relacionada coa actividade específica do órgano ou unidade responsable. O uso do servizo deberá realizarse conforme as condicións pactadas, á lexislación vixente e á boa fe. En ningún caso se poderán publicar contidos que poñan en risco a boa imaxe da Universidade. A información publicada, así coma as ligazóns incluidas, deberá estar actualizada e non poderá conter información obsoleta ou errónea. O aloxamento utilizarase única e exclusivamente para albergar os contidos publicados na web. En ningún caso se usará como disco duro ou almacén de datos. En ningún caso se usará o servizo de aloxamento web coas seguintes finalidades: - Incorrer en actividades ilícitas ou ilegais de calquera tipo e, particularmente, difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, sexista, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos, ou actuar en prexuízo dos dereitos á intimidade, ao honor, á propia imaxe ou contra a dignidade das persoas.
- Difundir manifestacións ou referencias falsas, incorrectas ou inexactas sobre os servizos da Universidade da Coruña.
- Danar os sistemas físicos e lóxicos da Universidade da Coruña, dos seus provedores ou de terceiras persoas.
- Introducir ou difundir na rede virus informáticos ou outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente citados. Absterse de calquera práctica de comunicación masiva ou calquera exercicio ou uso de recursos de sistema que poña en perigo a seguridade e estabilidade do sistema e/ou dos usuarios.
Os contidos publicados deben ser accesibles para garantir os dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social. Os contidos deberán respectar os dereitos de autor e da propiedade intelectual, segundo a lexislación vixente. Queda prohibida a recollida, publicación e/ou utilización de datos persoais sen o consentimento expreso ou transgredindo o disposto na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos. Queda expresamente prohibida a inclusión de contidos con publicidade comercial, así como calquera tipo de actividade lucrativa allea ás propias funcións do órgano ou entidade da Universidade.
UI Expand |
---|
expanded | true |
---|
title | Navegadores da internet soportados |
---|
| - Microsoft Edge
- Google Chrome
- Mozilla FirefoxSafari
UDC Passport está dispoñible en galego, castelán e inglés. O idioma no que visualizará UDC Passport seguirá as preferencias de idioma configuradas na sección "Configuración - Idiomas" do seu navegador. |
|
Tabs Page |
---|
title | Cambios e actualizacións |
---|
|
HISTORIAL DE ACTUALIZACIÓNS | Show If |
---|
user | adm_conf,infraestruturas |
---|
group | USER_SIC |
---|
| Tabs Page |
---|
| UI Text Box |
---|
| Contidos técnicos SIC ou arquivos adxuntos Tabs Page |
---|
| UI Text Box |
---|
| Contidos técnicos FAQS SIC ou arquivos adxuntos
|
|