Unha sede electrónica é aquel enderezo electrónico dispoñible a través das redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a unha Administración pública, órgano ou entidade administrativa no exercicio das súas competencias.
A Sede Electrónica da Universidade da Coruña está dispoñible a través do enderezo electrónico: https://sede.udc.gal. A súa titularidade corresponde á Secretaría Xeral da Universidade, que é a responsable da súa xestión administrativa. A responsabilidade da xestión tecnolóxica é competencia da vicerreitoría con competencias en materia de tecnoloxías da información.
Todos os trámites realizados na Sede Electrónica teñen a mesma validez que os efectuados de forma presencial. A Sede estará accesible e poderanse realizar trámites durante as 24 horas os 365 días do ano desde calquera lugar. Para realizar calquera trámite deberá identificarse na Sede usando algún dos sistemas de sinatura aceptados que, en todo caso, incluirán os medios de identificación incluidos no DNI electrónico.
Para o cómputo de prazos en calquera trámite, usarase con validez legal a data e hora oficial da Sede e non a do equipo desde o que se realice a petición. Así mesmo, a data e hora de referencia será a do momento de recepción da petición na Sede, e en ningún caso a data e hora en que se cubriron os datos no equipo por parte do/a cidadán/a. Teña en conta que as peticións e os envíos de documentación realizados en días inhábiles contabilizaranse como efectuados o primeiro día hábil seguinte para todos os efectos.
QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO
Este servizo non inclúe a asistencia sobre o contido dos trámites administrativos ou relacionados cos anuncios publicados no Taboleiro de Anuncios. Para obter máis información sobre un trámite/anuncio concreto, o usuario debe pórse en contacto co servizo responsable do mesmo
UNIDADES ADMINISTRATIVAS ASOCIADAS AO SERVIZO
Servizo de Informática e Comunicacións - Área de Rede e Comunicacións
QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO
Todos os cidadáns. Algúns dos trámites electrónicos poden estar limitados a un determinado colectivo da comunidade universitaria (PAS, PDI, estudantes) por mor da súa natureza
É PRECISO SOLICITAR AUTORIZACIÓN PARA FACER USO DESTE SERVIZO
Non
ÁMBITO DE USO
Pódese facer uso do servizo desde calquera equipo conectado a internet, dentro ou fora das instalacións da UDC.
Sistemas de sinatura aceptados
Esta sede utiliza, para a autenticación de usuarios e a validación de certificados, a plataforma @firma da Administración xeral do Estado. Para máis información Plataforma @firma.
Pode obter unha listaxe completa dos prestadores e tipos de certificados aceptados por esta plataforma en documento de proveedores de servizos de certificación de @firma. Pode obter tamén información sobre certificados de empregado público no Portal de Administración Electrónica de Empregados Públicos.
Segundo a lexislación española actual, as interrupcións do servizo programadas ou imprevistas, deben ser reflexadas na propia Sede Electrónica, no apartado "Sobre a Sede". Para consultar esta información prema aquí.
-
FAQs Sede (| UDC - AxudaTIC |)
SE DESEXA MÁIS INFORMACIÓN PODE CONSULTAR AS SEGUINTES PÁXINAS OU AXUDAS
Data actualización : 12/07/2021
Servizo : Sede electrónica
Grupo : Software e aplicacións
Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS