Teño problemas coa Sede Electrónica da UDC

Consulta a páxina da sede onde podes ver os Erros Coñecidos, interrupcións do servizo e outras posibles causas de mal funcionamento da mesma na seguinte  Ligazón

Non se carga o usuario cando intento pedir un certificado de avaliación docente

Cando se inicia o trámite de solicitude dun certificado de avaliación docente e non se cubre o campo usuario, coma na seguinte captura de pantalla, a solicitude dará erro.

Para solucionalo, primeiro hai que iniciar o trámite "Solicitude de certificado de docencia" e, sen necesidade de envialo, despois iniciar de novo a "Solicitude de certificado de avaliación docente". Nese momento si aparecerá cuberto o campo usuario.











Data actualización : 21/12/2023