DESCRICIÓN DO SERVIZO
UDC Passport é un aplicativo que permite o acceso a certos servizos da UDC a persoas non membros da comunidade universitaria. Para poder rexistrarse en UDC Passport, é preciso recibir unha invitación dalgún dos xestores dos perfís habilitados en UDC Passport. O rexistro en UDC Passport dará acceso aos servizos da UDC habilitados para o perfil correspondente durante o tempo que estea activo o perfil. Pode consultar se ten algún perfil activo accedendo ao enderezo https://apps.udc.es/UDCpassport co seu usuario de Servizos.
QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO
Acceso a servizos da UDC non xestionados a través de UDC Passport.
QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO?
Toda persoa que requira, mediante algún tipo de contrato ou convenio, acceder a algún dos servizos da UDC para o desempeño dalgunha prestación ou estudo non oficial (controis de acceso, wifi, biblioteca, etc.) aos que non teña acceso por non ser membro da comunidade universitaria ou non pertencer a un colectivo que lle proporcione acceso a ese servizo. Para poder facer uso do servizo, é preciso recibir unha invitación da persoa responsable da xestión do perfil. Estar activo nun perfil proporcionará acceso aos servizos estritamente necesarios para poder desenvolver a prestación ou estudo.
CONDICIÓNS DO SERVIZO E CONDICIÓNS DE USO
Os membros de UDC Passport deberán cumprir coas "Condicións do Servizo" e as "Condicións de Uso" de todos os servizos da UDC aos que teñan acceso a través de UDC Passport. Estas condicións están publicadas no portal AxudaTic .
Tamén deberá cumprir coa "Política de seguridade da información", co "Regulamento de uso das TIC" e coa "Normativa de uso dos recursos TIC" publicados no portal "Seguridade da información".
HISTORIAL DE ACTUALIZACIÓNS
13 de outubro de 2020 - Posta en marcha do servizo
Data actualización : 13/10/2020
Servizo : UDC Passport :: Usuario
Grupo : Servizos abertos
DESCRICIÓN DO SERVIZO
UDC Passport é un aplicativo que permite o acceso a certos servizos da UDC a persoas non membros da comunidade universitaria. Para poder rexistrarse en UDC Passport, é preciso recibir unha invitación dalgún dos xestores dos perfís habilitados en UDC Passport. O rexistro en UDC Passport dará acceso aos servizos da UDC habilitados para o perfil correspondente durante o tempo que estea activo o perfil. Pode consultar se ten algún perfil activo accedendo ao enderezo https://apps.udc.es/UDCpassport co seu usuario de Servizos.
QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO
Acceso a servizos da UDC non xestionados a través de UDC Passport.
QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO?
Toda persoa que requira, mediante algún tipo de contrato ou convenio, acceder a algún dos servizos da UDC para o desempeño dalgunha prestación ou estudo non oficial (controis de acceso, wifi, biblioteca, etc.) aos que non teña acceso por non ser membro da comunidade universitaria ou non pertencer a un colectivo que lle proporcione acceso a ese servizo. Para poder facer uso do servizo, é preciso recibir unha invitación da persoa responsable da xestión do perfil. Estar activo nun perfil proporcionará acceso aos servizos estritamente necesarios para poder desenvolver a prestación ou estudo.
CONDICIÓNS DO SERVIZO E CONDICIÓNS DE USO
Os membros de UDC Passport deberán cumprir coas "Condicións do Servizo" e as "Condicións de Uso" de todos os servizos da UDC aos que teñan acceso a través de UDC Passport. Tamén deberá cumprir as
normas de uso de recursos y servicios TIC