Non, a fotografía só se pode cambiar unha vez por curso académico (habilítase o cambio a partir do día 15 de setembro).
Se estás moi arrepentido/a da foto seleccionada e non podes esperar ao próximo curso académico, podes solicitar aquí que habilitemos un novo cambio de foto na aplicación.
As fotografías poden tardar uns días en propagarse a todos os servizos da UDC. No caso da aplicación móbil UDC.gal, debe pechar a sesión e volver a iniciala para actualizar a fotografía.
Non, a fotografía só será visible internamente entre os usuarios e servizos da UDC.
Non estás autorizado para engadir ou modificar a túa fotografía: A subida da fotografía estará habilitada 24 horas despois de formalizar a túa matrícula ou contrato (antes dese prazo, poderás obter o erro "Non Autorizado"). Se xa pasaron as 24 horas, contacta coa administración do teu centro (se estudas na UDC) ou coa unidade organizativa que che realizou o contrato (se es persoal da UDC) para que che revisen a matrícula ou o contrato.
Data actualización :