Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 2 Siguiente »

Do mesmo xeito que os dous últimos cursos académicos, están a crearse equipos de Microsoft Teams de todas as materias. O obxectivo é seguir mellorando cada ano a integración destes na docencia, á marxe da situación provocada pola pandemia. Por iso, este curso temos algunhas novidades que resumimos a continuación:

  • Os equipos das materias do primeiro cuadrimestre crearanse ao longo desta semana. As do segundo cuadrimestre crearanse no seu momento, unha semana antes do seu comezo.
  • Para unha mellor identificación, o nome dos equipos será unha combinación dos acrónimos das materias, os códigos oficiais e o curso académico.
  • Os equipos deste curso serán dun tipo deseñado para a docencia (tipo “Clase”). Aínda que funcionan igual aos doutros anos, teñen unhas características e vantaxes entre as que destacamos:

  1. Despois da súa creación o curso só estará visible ao profesorado da materia (propietarios do equipo). Os estudantes (membros do equipo) non verán este ata que non se active por algún membro do profesorado. Achéganse capturas de pantalla do que verá calquera profesor/a para poder activar os equipos das súas materias.
  2. A canle xeral dos equipos incorpora novas pestanas de uso opcional (estatísticas detalladas e un sinxelo LMS integrado con blocks de notas, tarefas e cualificacións). Quen estea interesado en usar estas funcións poderá usar a axuda en liña de axudaTIC e Microsoft, ademais de estar atentos á convocatoria de cursos do CUFIE sobre Microsoft 365.
  3. As novas directivas de gravacións das reunións fixan unha caducidade destas, despois da cal se borran, pasando á papeleira. Independentemente disto, o profesorado poderá mover/copiar o arquivo á localización que desexe para evitar este borrado ou borralo con antelación.
  4. Os equipos dos dous cursos anteriores mantéñense para referencia. En caso de ser unha molestia, pódense ocultar no interface de Microsoft Teams.