Debido aos mantementos dos centros de transformación, os servizos de rede de datos e telefonía poden verse afectados ante a ausencia de subministración eléctrica.

Enumérase a axenda das tarefas destes mantementos nos edificios onde existen equipos cabeceira de campus para cada unha das redes, e que poderían afectar adicionalmente o resto de edificios do campus:


  • 9 h o 23/12: Reitoría e Aula Nautica
  • 11 h o 23/12: Campus Riazor
  • 9 h a 13 h o 29/12: Campus Zapateira
  • 13 h o 04/01: Campus Elviña e telefonía VoIP
  • 11 h o 05/01: CPD ESCI
  • 9 h o 07/01: Campus de Ferrol
  • 9 h o 09/01: Campus de Oza
  • 11 h o 09/01: INEF e Pazo de Lóngora