UDC.gal é a aplicación oficial da Universidade da Coruña (UDC), a canle de comunicación e información para a comunidade universitaria que permite obter información de grande interese e utilidade:
Información pública da Universidade: consulta toda a información sobre a UDC
· Oferta académica e información para futuros estudantes
· Catálogo de investigación
· Novas
· Redes sociais
· Localizacións
· Axuda a un só toque
· Máis funcións que se irán incorporando aos poucos
Información privada: todos os teus datos personalizados segundo o teu perfil universitario.
· Consulta as túas materias e cualificacións (horarios, titorías e máis opcións nun futuro próximo)
· Tarxeta universitaria: esquécete do plástico e leva sempre no teu móbil a túa tarxeta universitaria en formato dixital, aproveitándote dos novos servizos que xurdirán con esta.
· Recibe avisos automáticos dos teus servizos universitarios e non perdas ningunha notificación importante no teu correo electrónico.
· Consulta a ocupación de espazos comúns: así poderás saber se hai sitio antes de chegar.
· Calendario universitario: desde a aplicación poderás acceder ao calendario académico e coñecer todos os eventos da universidade.
· Ofertas, retos e premios: unha sección diferente, chea de vantaxes e diversión, en que atoparás ofertas e retos especialmente deseñadas para os estudantes e demais membros da UDC. Non os perdas, poderás conseguir estupendos beneficios!
· E múltiples funcións que irán xurdindo grazas á nova tecnoloxía da aplicación.
QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO
Este servizo non inclúe o soporte á infraestructura hardware.
UNIDADES ADMINISTRATIVAS ASOCIADAS AO SERVIZO
Servizo de Informática e Comunicacións - Área de Innovación Tecnolóxica
QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO
Toda a comunidade universitaria.
Todos os usuarios (parte pública).
É PRECISO SOLICITAR AUTORIZACIÓN PARA FACER USO DESTE SERVIZO
Non
Dispositivo móvil.
CONDICIÓNS DE USO
Os térmos e condicións de uso de esta aplicación atópanse recollidos no seu “Aviso Legal”
https://webappuniversitaria.universia.net/Disclaimers/UDC/UDC_avisolegal.html
Data actualización :
Servizo : Servizo de Informática e Comunicacións - Área de Innovación Tecnolóxica
Grupo : Software e aplicacións
Clase : APLICACIÓNS