Aviso de mantemento dos laboratorios B e A na Fac. de Ciencias da Comunicación

Dende o día 25 de outubro polas tarde, e ata novo aviso, vanse realizar tarefas de mantemento nos laboratorios B e A da Facultade de Ciencias da Comunicación. Isto supón que se van borrar todos os datos que estean nos discos dos PCs deses laboratorios. Tamén, no tempo que se fagan estas tarefas, o laboratorio estará fora de servizo para os usuarios, polo que pregamos que desculpen as posibles molestias.

You are viewing an old version of this page. View the current version.

Compare with Current View Page History

« Previous Version 26 Next »


DESCRICIÓN DO SERVIZO

A emisión da tarxeta universitaria (TIU) é o proceso mediante o que os membros da comunidade universitaria poden obter fisicamente a súa tarxeta acreditativa.

A tarxeta universitaria é a credencial que permite a identificación de todos os membros integrantes da comunidade universitaria, brinda acceso a múltiples servizos tecnolóxicos e constitúe un avanzado sistema de información, xestión, acreditación, empréstito bibliotecario, acceso a recintos e, no seu caso, pagamento.

En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.

QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO

A emisión da tarxeta bibliotecaria para usuarios externos non pertencentes á comunidade universitaria.

A emisión de tarxetas de acceso a actividades deportivas, recintos ou aparcadoiros de usuarios non pertencentes á comunidade universidade.



QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO

Persoal docente e investigador da UDC.

Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e universidade sénior matriculados na UDC que teñan pagada a cota correspondente á tarxeta universitaria para o presente curso académico.

Persoal de administración e servizos da UDC.

Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI.

PROCEDEMENTO DE EMISIÓN DA TARXETA UNIVERSITARIA (TIU)

Para obter a TIU terás que acudir a calquera dos puntos de emisión habilitados, despois de facer a matrícula/contrato ou cando empeces o curso, levando tan só o documento acreditativo (dni, pasaporte etc.) co que estás matriculado/contratado; alí realizaranche a foto que aparecerá despois na tarxeta e tamén terás que escoller o pin co que te identificarás nos diversos servizos da UDC (biblioteca, control de accesos etc.)

Puntos de emisión e horarios


No 2015 comezou na UDC a emisión instantánea da tarxeta de identificación universitaria (TIU) para todos os membros da comunidade, que che permite levar en poucos minutos a túa tarxeta e gozar das súas vantaxes desde o primeiro momento.

Para iso simplemente terás que acudir a calquera dos puntos de emisión habilitados, despois de facer a matrícula/contrato ou cando empeces o curso, levando tan só o documento acreditativo (dni, pasaporte etc.) co que estás matriculado/contratado; alí realizaranche a foto que aparecerá despois na tarxeta e tamén terás que escoller o pin co que te identificarás nos diversos servizos da UDC (biblioteca, control de accesos etc.)

PUNTOS FIXOS DE EMISIÓN

A Coruña
Campus de Elviña. Oficina de campus do Banco Santander. Pavillón de Estudantes
Teléfono: 981 296 387

Ferrol
Campus de Esteiro. Oficina de campus do Banco Santander. Edificio de Apoio ao Estudo
Teléfono: 981 359 310

HORARIO

  • Martes e xoves de 09:00 a 13:00 h e de 16.00 a 17.00 h


Notas:

  • Se xa non tes vinculación coa universidade e queres unha tarxeta para acceder ao préstamo de libros na biblioteca como usuario externo, consulta esta ligazón
  • Se no punto de emision non puideches obter a tarxeta por algún destes erros debes facer o seguinte:
    • ERROR-02 (o usuario non ten dereito a tarxeta) contacta coa administración do teu centro (estudante) ou coa unidade organizativa que che realizou o contrato (persoal da UDC) para que che revisen a matrícula ou o contrato.
    • ERROR-00, ERROR-01, ERROR-03 contacta con tarjetas.sic@udc.es indicando o teu nome e o documento co que estás matriculado/contratado. Para garantir a túa identidade é preciso enviares esta solicitude desde a conta de correo da UDC.
  • Algúns servizos da tarxeta universitaria, como o préstamo de libros na biblioteca ou o control de acceso a edificios, requiren da activación previa no portal de Servizos da universidade, polo que é recomendable rexistrarse en https://servizos.udc.es antes de obter a tarxeta nos puntos de emisión.
  • As tarxetas que non teñen conta asociada seguen estando operativas pese a que xa finalizara a data de caducidade. Se a túa tarxeta caducou e por calquera motivo necesitas unha con data de caducidade en vigor diríxete aos puntos de emisión.


CONDICIÓNS DE USO


A tarxeta universitaria é a credencial que permite a identificación de todos os membros integrantes da comunidade universitaria, brinda acceso a múltiples servizos tecnolóxicos e constitúe un avanzado sistema de información, xestión, acreditación e, no seu caso, pagamento.


A tarxeta universitaria é unha tarxeta persoal e intransferible. A persoa titular é responsable dos actos administrativos que fosen validados e autenticados coa tarxeta que o identifica. Se es estudante, para ter dereito a ela é necesario estar matriculado na UDC e pagar a cota anual.  


En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.



CONDICIÓNS DE USO

  • 15 de xullo de 2015: Emisión directa nos puntos de emisión.






FAQs - Preguntas frecuentes

1. Que debo facer para obter a tarxeta universitaria?

Consulta a pestana Onde conseguila?

2. Son membro da comunidade universitaria e ao acudir ao punto de emisión non puiden obter a tarxeta

Se no punto de emision non puideches obter a tarxeta por algún destes erros debes facer o seguinte:

  • ERROR-02 (o usuario non ten dereito a tarxeta) contacta coa administración do teu centro (estudante) ou coa unidade organizativa que che realizou o contrato (persoal da UDC) para que che revisen a matrícula ou o contrato.
  • ERROR-00, ERROR-01, ERROR-03 contacta con indicando o teu nome e o documento co que estás matriculado/contratado. Para garantir a túa identidade é preciso enviares esta solicitude desde a conta de correo da UDC.

3. Necesito estar rexistrado no portal de Servizos da UDC para obter a tarxeta?

Algúns servizos da tarxeta universitaria, como o préstamo de libros na biblioteca ou o control de acceso a edificios, requiren da activación previa no portal de Servizos da universidade, polo que é recomendable rexistrarse en https://servizos.udc.es antes de obter a tarxeta nos puntos de emisión.

4. Que fago se a perdo?

Debes solicitar unha nova tarxeta. Consulta a pestana Onde conseguila?

5. Teño a tarxeta caducada, que teño que facer?

As tarxetas que non teñen conta asociada seguen estando operativas pese a que xa finalizara a data de caducidade. Se a túa tarxeta caducou e por calquera motivo necesitas unha con data de caducidade en vigor diríxete aos puntos de emisión ou consulta a pestana Onde conseguila?




Artigos relacionados




Data actualización :

Servizo : Emisión da tarxeta universitaria (TIU)

Grupo : Software e aplicacións

Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS