- Se tes algún problema co rexistro en UDC Passport, contacta coa persoa que che enviou a invitación.
- Se tes algún problema co rexistro ou acceso no portal de servizos, visita esta ficha "Portal de servizos e recuperación de contrasinal"
- Reciba un mail coa invitación. A invitación será enviada desde a conta de mail sic-noreply@udc.es.
Revise os datos persoais que aparecen no mail e preme na opción "Rexistro" (Asegúrese de que o enderezo do rexistro comeza por "https://apps.udc.es/UDCpassport/..." e que o candado do navegador está pechado)
Siga as instrucións para rexistrarse en UDC Passport.
Siga as instrucións para rexistrarse no portal de Servizos (Nota: se xa fuches membro da UDC e dispós dun usuario no portal de Sevizos, omítese este paso. Se non lembras o teu antigo usuario e/ou contrasinal, visita esta ficha "Portal de servizos e recuperación de contrasinal")
Comprobe o rexistro accedendo ao enderezo "https://apps.udc.es/UDCpassport/" co seu usuario de Servizos.
DESCRICIÓN DO SERVIZO
UDC Passport é un aplicativo que permite o acceso a certos servizos da UDC a persoas non membros da comunidade universitaria. Para poder rexistrarse en UDC Passport, é preciso recibir unha invitación dalgún dos xestores dos perfís habilitados en UDC Passport. O rexistro en UDC Passport dará acceso aos servizos da UDC habilitados para o perfil correspondente durante o tempo que estea activo o perfil. Pode consultar se ten algún perfil activo accedendo ao enderezo https://apps.udc.es/UDCpassport co seu usuario de Servizos.
QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO
Acceso a servizos da UDC non xestionados a través de UDC Passport.
QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO?
Toda persoa que requira, mediante algún tipo de contrato ou convenio, acceder a algún dos servizos da UDC (controis de acceso, wifi, biblioteca, etc.) para o desempeño dalgunha prestación ou estudo, ao que non ten acceso por non ser membro da comunidade universitaria ou non pertencer a un colectivo que lle proporcione acceso a ese servizo. Para poder facer uso do servizo, é preciso recibir unha invitación da persoa responsable da xestión do perfil. Estar activo nun perfil proporcionará acceso aos servizos estritamente necesarios para poder desenvolver a prestación ou estudo.
PERFÍS ACTIVOS EN UDCpassport:
- Profesorado Externo Máster/Grao Interuniversitario (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o coordinador do máster/grao.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1)
- Alumnado Externo Máster/Grao Interuniversitario (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o coordinador do máster.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1)
- Profesorado Externo Estudos Propios de Posgrao (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o coordinador do estudo.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1)
- Profesorado Formación Externo
- Profesorado cursos Cufie (2 meses renovables)
- O xestor do perfil é o director do Cufie
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1), Windows Services(AD)
- Profesorado curso de formación do PAS (2 meses renovables)
- O xestor do perfil é o persoal do Servizo de Pas encargado da organización dos cursos de formación do PAS.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1), Windows Services(AD)
- Profesorado cursos de formación organizados por un centro (2 meses renovables)
- O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do centro.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1), Windows Services(AD)
- Profesorado cursos de formación organizados por un departamento (2 meses renovables)
- O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do departamento.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1), Windows Services(AD)
- Profesorado Formación Externo Senior (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é a administración da Universidade Senior
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1)
- Profesorado Formación Externo OCV (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o director da OCV
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1)
- Profesorado Formación Externo Área de Cultura (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o persoal da Área de Cultura
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1)
- Profesorado cursos Cufie (2 meses renovables)
- Investigación: colaborador externo (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é o investigador principal do grupo de investigación
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1), Windows Services(AD), Portafirmas, Biblioteca
- Deportes: Docentes cursos de formación, monitores de actividades deportivas e monitores de salas de musculación (1 ano renovable)
- Os xestores dos perfís son os PAS da área de deportes
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1)
- Os xestores dos perfís son os PAS da área de deportes
- Membros externos de órganos colexiados e estatutarios
- O xestor do perfil é a Secretaría Xeral.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1)
- Bolseiros externos
- Bolseiros en prácticas da Xerencia (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é a Xerencia.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email, Microsoft365(licencia A1), Windows Services(AD), Sigem, Portafirmas
- O xestor do perfil é a Xerencia.
- Bolseiros en prácticas da Xerencia (1 ano renovable)
- Prestadores de servizo externos
- Prestadores de servizo externo dun centro (1 ano renovable)
- O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do centro.
- Servizos habilitados: SSO, Wifi, Email
- O xestor do perfil é calquera membro do equipo directivo do centro.
- Prestadores de servizo externo dun centro (1 ano renovable)
CONDICIÓNS DO SERVIZO
Os membros de UDC Passport deberán cumprir coas condicións e políticas de todos os servizos da UDC aos que se lle proporciona acceso a través de UDC Passport. Estas condicións están publicadas no portal "Axuda Tic" .
Tamén deberá cumprir coa "Política de seguridade da información", co "Regulamento de uso das TIC" e coa "Normativa de uso dos recursos TIC" publicados no portal "Seguridade da información".
HISTORIAL DE ACTUALIZACIÓNS
13 de outubro de 2020 - Posta en marcha do servizo
- 27 de xaneiro de 2021 - Fotografías para a TUI
Data actualización : 03/03/2021
Servizo : UDC Passport: Usuario
Grupo: Servizos Abertos