<- Volver
1. Que debo facer para obter a tarxeta universitaria?
R: Consulta a pestana Onde conseguila?
2. Son membro da comunidade universitaria e ao acudir ao punto de emisión non puiden obter a tarxeta
R: Se no punto de emision non puideches obter a tarxeta por algún destes erros debes facer o seguinte:
- ERROR-02 (o usuario non ten dereito a tarxeta) contacta coa administración do teu centro (estudante) ou coa unidade organizativa que che realizou o contrato (persoal da UDC) para que che revisen a matrícula ou o contrato.
- ERROR-00, ERROR-01, ERROR-03 abre unha incidencia (Informar sobre unha incidencia da TUI) reportando o erro.
3. Necesito estar rexistrado no portal de Servizos da UDC para obter a tarxeta?
R: Algúns servizos da tarxeta universitaria, como o préstamo de libros na biblioteca ou o control de acceso a edificios, requiren da activación previa no portal de Servizos da universidade, polo que é preciso rexistrarse en https://servizos.udc.es antes de obter a tarxeta.
4. Que fago se a perdo ou a teño caducada?
R: Agora a tarxeta universitaria ten formato dixital. Se xa tiveches tarxeta física bastará con que descargues UDC.gal, a app da UDC no teu móbil (Android - Iphone) e disporás dela ao instante. Máis información na pestana Onde conseguila?
5. En que casos podo solicitar unha tarxeta de plástico?
R: Unicamente poden seguir obtendo a tarxeta de plástico aqueles usuarios que necesiten soporte á tarxeta criptográfica para firma electrónica, controis de acceso baseados en tarxeta de proximidade ou que non dispoñan dun teléfono compatible coa nova tarxeta de identificación
Data actualización :
Servizo : Emisión da tarxeta universitaria (TUI)
Grupo : Software e aplicacións
Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS