<- Volver


1. Que debo facer para obter a tarxeta universitaria?

R: Consulta a pestana Onde conseguila?

2. Son membro da comunidade universitaria e ao acudir ao punto de emisión non puiden obter a tarxeta

R: Se no punto de emision non puideches obter a tarxeta por algún destes erros debes facer o seguinte:

    • ERROR-02 (o usuario non ten dereito a tarxeta) contacta coa administración do teu centro (estudante) ou coa unidade organizativa que che realizou o contrato (persoal da UDC) para que che revisen a matrícula ou o contrato.
    • ERROR-00, ERROR-01, ERROR-03 abre unha incidencia (Informar sobre unha incidencia da TUI) reportando o erro.

3. Necesito estar rexistrado no portal de Servizos da UDC para obter a tarxeta?

R: Algúns servizos da tarxeta universitaria, como o préstamo de libros na biblioteca ou o control de acceso a edificios, requiren da activación previa no portal de Servizos da universidade, polo que é preciso rexistrarse en https://servizos.udc.es antes de obter a tarxeta.

4. Que fago se a perdo ou a teño caducada?

R: Agora  a tarxeta universitaria ten formato dixital. Se xa tiveches tarxeta física bastará con que descargues UDC.gal, a app da UDC no teu móbil (Android - Iphone) e disporás dela ao instante. Máis información na pestana Onde conseguila?

5. En que casos podo solicitar unha tarxeta de plástico?

R: Unicamente poden seguir obtendo a tarxeta de plástico aqueles usuarios que necesiten soporte á tarxeta criptográfica para firma electrónica, controis de acceso baseados en tarxeta de proximidade ou que non dispoñan dun teléfono compatible coa nova tarxeta de identificación




Data actualización :

Servizo : Emisión da tarxeta universitaria (TUI)

Grupo : Software e aplicacións

Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS