Que é AxudaTIC
É un portal de axuda dos servizos telemáticos da Universidade da Coruña, que estamos a construír; está destinado para toda a comunidade universitaria e para os futuros membros.
Neste portal imos ir engadindo o catálogo dos servizos telemáticos dispoñibles: programas, servizos que se prestan, xestión de accesos a recursos informáticos...
Para cada servizo documentado:
Tes disponible:
Información de para que serve, quen o pode usar e de que xeito.
Guías de instalación e uso, e as ligazóns ás aplicacións ou ás descargas dos programas.
Podes:
Tramitar solicitudes de acceso ou uso dese servizo.
Rexistrar unha incidencia para informar dunha falla no uso do servizo e solicitar axuda para resolvela.
Facer o seguimento das solicitudes ou incidencias que teñas remitido.
Tamén neste portal estamos a publicar os avisos e novas, como son:
Avisos de mantementos programados que poidan afectar aos servizos telemáticos.
Avisos de avarías que se teñan detectado.
Alertas de seguridade.
Novidades relacionadas cos servizos que se prestan ou novos servizos.
Consellos relacionados co uso de servicios telemáticos.
Aínda estamos a traballar na documentación dos servizos; no caso dos servizos que non estean de todo documentados , o portal dirixirache ás páxinas de información existentes na web da UDC para ditos servizos, con ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes dispoñibles. Todos os novos servizos telemáticos vanse ofrecer dende este portal.
Seguimos a túa disposición na unidade de atención telefónica do CAU na extensión 2222 en horario de mañá.
Confiamos que este portal che sexa de utilidade e mellore a túa experiencia como usuario dos servizos informáticos.
Para afondar nos servicios disponibles:
Na páxina principal do portal tes tres lapelas, unha por cada colectivo da comunidade universitaria. Tes que premer na do colectivo ao que pertences, e accedes a todos os servizos que tés dispoñibles.
Para cada servizo tes a información das Condicións en que se presta o servizo, organizada deste xeito:
-En que consiste o servizo: descríbese a utilidade do servizo; pode tratarse do uso dun programa, do acceso a un recurso ou recibir un servizo a través dun traballo técnico.
-Ámbito de uso: quén pode usar o servizo , con qué finalidade e sobre qué tipo de equipamento.
-Requisitos técnicos: Que equipos ou programas se precisan para poder facer uso ou recibir o servizo.
-Condicións: indícase se hai restriccións de compatibilidade, limitacións técnicas, condicións de uso de licenzas, requisitos legais.
-Manuais, guías de axudas, faqs e erros frecuentes.
Para notificar unha incidencia ou facer unha solicitude:
tes que ir á propia páxina do servizo, e á dereita están as ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes disponibles para ese servizo.
Para ver o estado das túas incidencias ou solicitudes:
tes que premer na ligazón "As miñas incidencias e solicitudes", arriba, a dereita, que está disponible en todas as páxinas de Axudatic.
Como podo notificar unha incidencia ou facer unha solicitude dun servizo?
R: As ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes dun servizo están na mesma páxina que a documentación de cada servizo. Podes buscar o servizo na lapela de "procura" en calqueira páxina de Axudatic.
Pódese seguir usando ó teléfono de atención ao usuario 2222?
R: Segimos disponibles na extensión 2222 en horario de mañá de 8:00 a 15:00
Que é un ticket ?
R: Nos programas para xestión de incidencias emprégase o término ticket para referirse a unha incidencia ou unha solicitude, que adoitan ir identificados cun nº de referencia.
Podes ampliar a vista pasando o rato polo vídeo e facendo clic no cadro de ampliar