Tipo | Título | Última Actualización |
---|
A conta institucional da UDC proporciona acceso a todas as ferramentas e servizos dispoñibles para a comunidade universitaria.
As incidencias máis comúns que impiden o acceso adoitan estar relacionadas co esquecemento ou caducidade do contrasinal ou con fallos no sistema de dobre factor de autenticación (MFA).
Toda a comunidade universitaria.
- Alumnado.
- Traballadores.
- Alumni (Ex-Alumnado ou alumnado con vinculación).
- Ex-traballadores
- Usuarios externos (Colectivos Passport)
Ter conta de usuario na UDC.
Se non tes conta de usuario, podes acceder ao proceso de alta: Creación de contas para novos usuarios
Software que hai que ter instalado no equipo
Desde os Servizos Informáticos da UDC recomendamos o uso de Microsoft Authenticator.
O uso de Google Authenticator é totalmente compatible.
Se vostede o prefire, tamén pode facer uso de calquera ferramenta OTP como pode ser o FreeOTP, aunque nestes casos non poderá contar con soporte técnico por parte do SIC.
Dispoñibles gratuitamente para Android e IOS nas tendas correspondentes.
Servizos dos que dependen
- Federación de identidade da UDC (FEDERICO).
- Enterprise Single Sign-On - CAS (Central Authentication Service)
Descarga Microsoft Authenticator como ferramenta de dobre factor
Co obxectivo de ofrecer unha solución rápida e autónoma, elaboramos a guía interactiva que atopará na parte superior desta páxina.
Recomendamos seguir os pasos indicados para diagnosticar correctamente a orixe da incidencia e atopar as instrucións para resolvela.
Tamén pode revisar as Preguntas Frecuentes.
Incidencias
a) Se o teu contrasinal foi cambiado polos ciberdelincuentes e NON PODES ACCEDER a servizos.udc.es, segue as indicacións “COMO RECUPERAR OS DATOS DA TÚA CONTA DE SERVIZOS” na páxina: Portal de servizos e recuperación de contrasinal. Logo, continúa co paso 2.
b) Se o seu contrasinal non foi cambiado polos ciberdelincuentes e PODES ACCEDER a servizos.udc.es, · modifica a túa clave de acceso en https://servizos.udc.es, no apartado “Cambio de contrasinal”. Continúa co paso 2.
Revisa a conta de correo alternativa que aparece en https://servizos.udc.es, pois é posible que o ciberdelincuente a cambiara por outra baixo o seu control.
Revisa se hai algún reenvío o regra de correo non desexada. Podes consultar nesta páxina como facelo: Como comprobo se a miña conta de correo ten reenvíos ou regras configuradas.
Analiza cun antivirus os teus dispositivos. Elimina o posible malware que se detecte.
Se utilizabas o mesmo contrasinal para outros servizos, debes cambialo tamén ahí. Recorda que non é recomendable usar o mesmo contrasinal para varios servizos ou aplicacións.
A continuación informámosche dunha serie de recomendacións de interese que debes atender para asegurar a túa conta de usuario de servizos da UDC:
Configura unha conta de correo alternativa para recibir instrucións por parte da UDC no caso de que, por calquera incidencia, non poidas acceder á conta corporativa. Para facer isto, debes ir a https://servizos.udc.es . No apartado “O teu perfil” debes cubrir o “Correo electrónico de recuperación”:
Ver máis:
Recorda que non se debe utilizar o mesmo contrasinal para distintos servizos.
Lembra que este é o contrasinal que usarás para entrar nos servizos da UDC adheridos os sistema de identidade única, coma a intranet, o correo, a secretaría virtual, etc
Crea un contrasinal seguro. Debe curmprir estes requisitos:
Elixe unha combinación de letras, números e símbolos de alomenos dez carácteres de lonxitude. Usa dúas letras como mínimo.
Usa un número ou un símbolo como mínimo.
Cambia entre maiusculas e minúsculas alomenos unha vez.
Non poderás incluír o identificador de usuario, o teu DNI, número de teléfono ou calquera outro dato que sexa facilmente relacionable coa persoa usuaria.
Non deberá coincidir cos derradeiros 5 contrasinais.
Non empregues un contrasinal similar ao anterior, no que soamente cambien algúns caracteres. Por exemplo: se o teu contrasinal é EJJiiwor-2021, non deberías cambialo por EJJiiwor-2022.
Non utilices o mesmo contrasinal que o que empregues noutros servizos (como Gmail, Twitter, Facebook, Instagram, banca electrónica, LinkedIn,...).
Exemplos de contrasinais seguros son: 1PsdTYv4h0, l1ddRSOCc%
Asegúrate de que as aplicacións que che piden o contrasinal son da UDC e non un sitio falso. Se che piden o contrasinal por teléfono, desconfía. Desde os servicios da UDC nunca se solicitará esta información en ningunha comunicación.
Non fagas clic en enlaces de correos ou adxuntos de destinatarios descoñecidos ou que presenten características que che fagan sospeitar (linguaxe incorrecta, solicitar accións urxentes, ...).
Manuais e guías
- Manual para propoñentes e tramitadores
- Táboa de permisos dos usuarios
- Táboa de notificacións
- Diagrama do fluxo da tramitación