Para afondar nos servicios disponibles:Na páxina principal do portal tes tres lapelas, unha por cada colectivo da comunidade universitaria. Tes que premer na do colectivo ao que pertences, e accedes a todos os servizos que tés dispoñibles. Para cada servizo tes a información das Condicións en que se presta o servizo, organizada deste xeito: -En que consiste o servizo: descríbese a utilidade do servizo; pode tratarse do uso dun programa, do acceso a un recurso ou recibir un servizo a través dun traballo técnico. -Ámbito de uso: quén pode usar o servizo , con qué finalidade e sobre qué tipo de equipamento. -Requisitos técnicos: Que equipos ou programas se precisan para poder facer uso ou recibir o servizo. -Condicións: indícase se hai restriccións de compatibilidade, limitacións técnicas, condicións de uso |