QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZOPersoal docente e investigador da UDC. Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e universidade sénior matriculados na UDC que teñan pagada a cota correspondente á tarxeta universitaria para o presente curso académico. Persoal de administración e servizos da UDC. Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI. PROCEDEMENTO DE EMISIÓN DA TARXETA UNIVERSITARIA (TUI)Para obter a TUI terás que descargar a app da UDC no teu móbil (Android - Iphone) e disporás dela ao instante.Se nunca tiveches tarxeta (ou desexas actualizar a fotografía) terás que acudir a calquera dos puntos de emisión habilitados, despois de facer a matrícula/contrato ou cando empeces o curso, levando tan só o documento acreditativo (dni, pasaporte etc.) co que estás matriculado/contratado; alí realizaranche a foto que aparecerá despois na tarxeta e tamén terás que escoller o pin co que te identificarás nos diversos servizos da UDC (biblioteca, control de accesos etc.)Antes de usar a tarxeta en formato dixital, debes engadir ou actualizar a túa fotografía. Podes facelo a través deste enderezo electrónico: https://apps.udc.es/TuiUDCFoto Máis información na pestana Onde conseguila?
|