Outros cortes pasados


14 de maio de 2021


O próximo 14 de maio, a empresa Gerencia Enerxética vai instalar uns contadores de enerxía eléctrica nos seguintes centros. Indícase se é necesario ou non corte de alimentación para os devanditos traballos para que os usuarios tomen as medidas correspondentes.

  • Pistas Atletismo (Estadio Elviña)  - horario de mañá , entre 10:30 e 11:30 – requírese corte.
  • Edificio Xoana Capdevielle – sobre as 15:30 – requírese corte.
  • Pavillón estudantes – horario de tarde, a partir das 17:00 – requírese corte.
  • Pavillón de deportes – dado que aínda non está ocupado realizarase o corte no horario que mellor encaixe á empresa.
  • CICA – en horario de mañá – non se require corte.
  • CITIC (Ampliación CITIC) –– non se require corte, a empresa pasará ao longo do día segundo o mellor encaixe posible.