DESCRICIÓN DO SERVIZO
A emisión da tarxeta universitaria (TIU) é o proceso mediante o cal, os membros da comunidade universitaria, poden obter fisicamente a súa tarxeta acreditativa.
A tarxeta universitaria é a credencial que permite a identificación de todos os membros integrantes da comunidade universitaria, brinda acceso a múltiples servizos tecnolóxicos e constitúe un avanzado sistema de información, xestión, acreditación, empréstito bibliotecario, acceso a recintos e, no seu caso, pagamento.
En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.
QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO
A emisión da tarxeta bibliotecaria para usuarios externos non pertencentes á comunidade universitaria.
A emisión de tarxetas de acceso a actividades deportivas, recintos ou aparcadoiros de usuarios non pertencentes á comunidade universidade.
QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO
Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e universidade sénior matriculados actualmente na UDC e que teñan pagada a cota correspondente á tarxeta universitaria para o presente curso académico.
CONDICIÓNS DE USO
CONDICIÓNS DE SOPORTE