Este artigo serve para comprobar se unha conta de correo ten reenvíos automáticos ou regras de reenvíos.
Lembra que os reenvíos non están permitidos para os colectivos PAS, PDI e PeC (1).
Para outros colectivos, onde si se permiten estes reenvíos, revise regularmente a súa configuración, pois no caso de roubo de credenciais é posible que un atacante a modifique. Desta forma poderemos comprobar se estes son lexítimos ou se a miña conta quedou comprometida e foi manipulada. Neste caso debes borrar estas configuracións e cambiar de forma inmediata o teu contrasinal no portal de servizos https://servizos.udc.es.
Breadcrumbs
Como comprobo se a miña conta de correo ten configurados reenvíos automáticos ou regras de reenvíos
Este artigo serve para comprobar se unha conta de correo ten reenvíos automáticos ou regras de reenvíos.
Lembra que os reenvíos non están permitidos para os colectivos PAS, PDI e PeC (1).
Para outros colectivos, onde si se permiten estes reenvíos, revise regularmente a súa configuración, pois no caso de roubo de credenciais é posible que un atacante a modifique. Desta forma poderemos comprobar se estes son lexítimos ou se a miña conta quedou comprometida e foi manipulada. Neste caso debes borrar estas configuracións e cambiar de forma inmediata o teu contrasinal no portal de servizos https://servizos.udc.es.
(1) Resolución reitoral pola que se aproba a Norma de uso do servizo de correo electrónico.
Entramos no noso correo da UDC (https://outlook.office.com/) e pulsamos sobre Configuración:
Buscamos Correo → Reenvío e verificamos que non está marcada a casilla de Habilitar reenvío
Verificamos que en Correo → Regras non existe ningunha regra que non configuráramos nós mesmos.