Este artigo serve para comprobar se unha conta de correo ten reenvíos automáticos ou regras de reenvíos.

Lembra que os reenvíos non están permitidos para os colectivos PAS, PDI e PeC (1).

Para outros colectivos, onde si se permiten estes reenvíos, revise regularmente a súa configuración, pois no caso de roubo de credenciais é posible que un atacante a modifique. Desta forma poderemos comprobar se estes son lexítimos ou se a miña conta quedou comprometida  e foi manipulada. Neste caso debes borrar estas configuracións e cambiar de forma inmediata o teu contrasinal no portal de  servizos  https://servizos.udc.es.

(1) Resolución reitoral pola que se aproba a Norma de uso do servizo de correo electrónico.

Entramos no noso correo da UDC (https://outlook.office.com/) e pulsamos sobre Configuración: 


Buscamos Correo → Reenvío e verificamos que non está marcada a casilla de Habilitar reenvío


Verificamos que en Correo → Regras non existe ningunha regra que non configuráramos nós mesmos.