Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 5 Siguiente »

Para reforzar a seguridade de acceso as aplicacións e servizos da Universidade, vaise cambiar o xeito en que nos conectamos a eles.

Isto supón que ademais do usuario e contrasinal teremos que introducir un número xerado a través dunha aplicación.

Para facilitar a configuración desta nova autenticación, chamada multifactor,  o mércores 1 de decembro ás 11:00, Carlos Escudero, Adxunto ao Reitor para as TIC, impartirá un webminar formativo dirixido a todo o persoal da UDC que se poderá seguir a través desta ligazón: https://bit.ly/3l3HgA4  


O calendario de implantación deste cambio é o seguiente


  • O venres 3 de decembro activaranse todos os usuarios que o soliciten coa excepción dos estudantes. (Formulario de solicitude anticipada de activación do MFA: https://forms.office.com/r/mhmWbRXYKS )
  • O luns 13 de decembro activarase o dobre factor a todos os usuarios da UDC agás os estudantes.
  • O venres 17 de decembro activaranse os estudantes que o solicitasen por adiantado.
  • O martes 28 de xaneiro activarase a todos os estudantes.


Presentación Webminar sobre a Activación da autenticación de dobre factor na UDC