QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZOPersoal docente e investigador da UDC. Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e universidade sénior matriculados na UDC que teñan pagada a cota correspondente á tarxeta universitaria para o presente curso académico. Persoal de administración e servizos da UDC. Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI. PROCEDEMENTO DE EMISIÓN DA TARXETA UNIVERSITARIA (TIU)Para obter a TIU terás que acudir a calquera dos puntos de emisión habilitados, despois de facer a matrícula/contrato ou cando empeces o curso, levando tan só o documento acreditativo (dni, pasaporte etc.) co que estás matriculado/contratado; alí realizaranche a foto que aparecerá despois na tarxeta e tamén terás que escoller o pin co que te identificarás nos diversos servizos da UDC (biblioteca, control de accesos etc.) Máis información na pestana Onde conseguila? |