Blog de noviembre, 2021
Para reforzar a seguridade de acceso as aplicacións e servizos da Universidade, vaise cambiar o xeito en que nos conectamos a eles.
Isto supón que ademais do usuario e contrasinal teremos que introducir un número xerado a través dunha aplicación.
Para facilitar a configuración desta nova autenticación, chamada multifactor, o mércores 1 de decembro ás 11:00, Carlos Escudero, Adxunto ao Reitor para as TIC, impartirá un webminar formativo dirixido a todo o persoal da UDC que se poderá seguir a través desta ligazón: https://bit.ly/3l3HgA4
O calendario de implantación deste cambio é o seguiente: novo calendario de implantación
udcTV - Webminar sobre a activación da autenticación de dobre factor na UDC
Documentación presentación del MFA. SIC/UDC
O próximo día 2 de decembro, por motivos de seguridade, modificarase a configuración da rede wifi eduroam. Para poder continuar co servizo wifi debe configurar de novo a wifi eduroam nos seus dispositivos. De non facelo así, a partir dese día non terá acceso á wifi eduroam ata que reconfigure os seus dispositivos de novo.
Na páxina https://axudatic.udc.gal/display/SIC/Rede+wifi+eduroam atopará información de cómo realizar este proceso.